O BNG solicita ao Concello que emita informe de incompatibilidade da planta de residuos da Obra de Paño

unnamed

O concello ten que emitir un informe de compatibilidade da parcela para a concesión da licenza, algo que pode facer en calquera momento, incluso antes de chegar este a Xunta, e de ser negativo paralizaría todo o proceso

O BNG solicita ao Concello que emita informe de incompatibilidade da planta de residuos da Obra de Paño

Bergondo, 15 de xuño de 2021.- O BNG de Bergondo ven de solicitar que o Concello emita informe de incompatibilidade da planta de residuos de construción e demolición en Obra de Paño en Lubre. “A empresa Celso Núñez solicitou permiso para a instalación desta planta de residuos e o informe de incompatibilidade pecharía a posibilidade desta instalación nos termos previstos”, explicou o portavoz do BNG, David Carro.

"A instalación desta planta causou un enorme rexeitamento entre a veciñanza de Lubre e a colindante de Soñeiro, concello de Sada, diferentes grupos políticos, ou a asociación de recicladores de construción e demolición. Actualmente o expediente atopase en fase de avaliación ambiental na Xunta tras rematar o prazo de alegacións”, engadiu o portavoz nacionalista

“Sen embargo, en base ao art. 15 do R.D. 1/2016 de 16 de decembro, que aproba a lei de prevención e control integrado da contaminación, do Ministerio de agricultura e pesca, alimentación e medio ambiente, publicada no BOE o 31/12/2016 o concello ten que emitir un informe de compatibilidade da parcela para a concesión da licenza, algo que pode facer en calquera momento, incluso antes de chegar este a Xunta, e de ser negativo paralizaría todo o proceso", expuxo o portavoz nacionalista David Carro.

"Según a mencionada lei os condicionantes da mesma danse neste caso, polas toneladas/día que se prevé tratar na planta, e pola categoría de actividades e instalacións", indicou Carro. "Esiximos ao Goberno Local que teña en conta estas consideracións e elabore o informe de incompatibilidade da parcela a maior brevidade para dar carpetazo a esta planta amplamente rexeitada", concluíu o portavoz do BNG.

Desde o BNG, presentaron por escrito unha pregunta ao goberno local para saber se despois de manifestar o seu rexeitamento público á instalación da planta proxectada xa emitirán o informe en contra da súa compatibilidade, e presentaron un escrito, despois de que o goberno responderá á súa pregunta, solicitando este informe que paralizaría o proxecto. O voceiro nacionalista recordou tamén a iniciativa presentada pola deputada do BNG Mercedes Queixas no Parlamento Galego. 

O BNG solicita ao Concello que emita informe de incompatibilidade da planta de residuos da Obra de Paño