O BNG exixe ao goberno coñecer as razóns para incumprir a lei de contratos coa escola infantil
O BNG-Asembleas abertas criticou que o goberno de Miño volva outra vez coas súas idas e voltas, esta vez coa escola infantil.
O BNG-Asembleas abertas criticou que o goberno de Miño volva outra vez coas súas idas e voltas, esta vez coa escola infantil.
O BNG-Asembleas abertas calificou de paus de cego, improvisación e mentiras a actuación do alcalde Ricardo Sánchez e o resto do goberno do Partido Popular. As nacionalistas consideran "calquera cousa menos serio pedir un préstamo e ao mes considerar que non se precisa".
Parécenos tremendamente hipócrita que sexa o PP quen leve unha iniciativa ao Pleno para celebrar o día de Rosalía cando é este partido político é o principal culpábel da situación de abandono en que se atopa hoxe o noso idioma
O BNG-Asembleas Abertas lamentou a decisión adoptada polo Pleno de Miño no día de hoxe. É a mesma política de fuxida cara adiante financiada cos cartos públicos que leva facendo o PP con Fadesa nos últimos quince anos, explicou a voceira dos nacionalistas
O BNG-Asembleas abertas cualificou de pouco ético e lamentábel o acordo que acaban de anunciar o Partido Popular e o actual alcalde Sánchez Oroza e que o mantería na alcaldía até o 2019.
O BNG-Asembleas abertas demandou ao alcalde unha homenaxe ás 96 vítimas do terror franquista. Entendemos que a memoria é necesaria, imprescindíbel como acto de reparación, indicou a voceira nacionalista, imos solicitar por escrito no Concello que sexa realizada unha homenaxe a estes 96 veciños e veciñas, e especialmente as 12 persoas asasinadas, que sufriron a barbarie da represión franquista.
Olalla Barro, voceira do BNG-AA en Miño, denunciou o estado en que o Concello de Miño mantén a biblioteca donada por Antón Crestar Faraldo ao municipio.
O BNG de Miño conclúe o ciclo "Miño rebelde" cun acto para divulgar a figura de Antón Crestar Faraldo, grande activista pola dignificación da nosa lingua e da nosa nación. Para isto contamos con Uxío-Breogán Diéguez, profesor da Universidade da Coruña e director da revista Murguía
Desde o BNG-Asembleas abertas seguen insistindo en que "os afectados de Fadesa teñen que cobrar, mais non á custa de recortes contra toda a veciñanza".
O BNG-Asembleas abertas de Miño reclamou hoxe o amaño do subministro de auga na urbanización Costa Miño-Golf despois de recibir queixas da veciñanza.