O BNG-Asembleas abertas cuestiona o pacto do PP co alcalde que se presentou como a esquerda
O BNG-Asembleas abertas cualificou de pouco ético e lamentábel o acordo que acaban de anunciar o Partido Popular e o actual alcalde Sánchez Oroza e que o mantería na alcaldía até o 2019.
Miño, 20 de xaneiro de 2016. O BNG-Asembleas abertas cualificou de pouco ético e lamentábel o acordo que acaban de anunciar o Partido Popular e o actual alcalde Sánchez Oroza e que o mantería na alcaldía até o 2019.
É vergonzoso que unha persoa que se presentou ás eleccións dicindo ser a esquerda da esquerda hoxe nos sorprenda afirmando que ten un acordo programático co Partido Popular e que se sente moi cómodo, criticou Olalla Barro, portavoz do BNG-Asembleas abertas. A única prioridade de Ricardo Sánchez parece ser manterse no goberno a toda costa, aínda que sexa gobernando co PP, que é o culpábel da situación na que se atopa o noso concello.
Barro: o alcalde e o PP puxéronse de acordo en cobrar dúas dedicacións exclusivas nun concello totalmente arruinado polas propias políticas do Partido Popular
Ademais, o alcalde e o PP puxéronse de acordo en cobrar dúas dedicacións exclusivas nun concello totalmente arruinado polas propias políticas do Partido Popular, explicou Barro. Todo vale con tal de manterse no poder a costa do que sexa para Sánchez Oroza, é unha tomadura de pelo á veciñanza.
É terríbel ver como o PSOE critica hoxe un pacto co Partido Popular cando o propio PSOE estaba negociando co PP un acordo para unha moción de censura
É terríbel ver como o PSOE critica hoxe un pacto co Partido Popular cando o propio PSOE estaba negociando co PP un acordo para unha moción de censura, indican desde o BNG. Ademais lembran que o PSOE pactou co PP outros asuntos como Plans de obras provinciais ou o bloqueo do pleno e comisións para presionar ao alcalde. O mesmo PSOE que negociaba co PP para facerse coa alcaldía hoxe di que estes acordos son unha fraude democrática. Estamos perplexas a verdade, concluíu.