O BNG-Asembleas Abertas lamentou que o concello decidira recorrer a sentenza de Fadesa

Olalla Barro é a portavoz do BNG-Asembleas abertas en Miño

O BNG-Asembleas Abertas lamentou a decisión adoptada polo Pleno de Miño no día de hoxe. “É a mesma política de fuxida cara adiante financiada cos cartos públicos que leva facendo o PP con Fadesa nos últimos quince anos”, explicou a voceira dos nacionalistas

O BNG-Asembleas Abertas lamentou que o concello decidira recorrer a sentenza de Fadesa

Miño, 8 de febreiro de 2016. O BNG-Asembleas Abertas lamentou a decisión adoptada polo Pleno de Miño no día de hoxe. “É a mesma política de fuxida cara adiante financiada cos cartos públicos que leva facendo o PP con Fadesa nos últimos quince anos”, explicou a voceira dos nacionalistas, Olalla Barro. “Así nos vai”, ironizou, advertindo que o propio Veiga, actual tenente de alcalde, foi quen asinou con Fadesa, despois de que entrara en concurso de acredores, a débeda co Concello.

O BNG-Asembleas Abertas lamentou a decisión adoptada hoxe polo Pleno de recorrer a sentenza que rexeita nomear ao Concello acredor preferente

Os nacionalistas sosteñen que é evidente que a inexecución da sentenza anularía o dereito a cobrar por parte das persoas afectadas pola expropiación da macrourbanización. “Cos cartos de todas e todos pretenden tratar de incumprir as sentenzas que recoñecen dereitos á nosa veciñanza, mentres o PP, que foi quen provocou esta situación enquistándoa durante anos, segue gobernando”, censura Barro.

Desde o BNG-Asembleas Abertas advirten dos recortes en prestacións e servizos que o Concello de Miño terá que facer para afrontar todos estes pagos e os xuros do crédito que acaba de solicitar.

 “É a mesma política de fuxida cara adiante financiada cos cartos públicos que leva facendo o PP con Fadesa nos últimos quince anos”

Ademais, censuran a abstención do PSOE. “Non entendemos que o PSOE non teña postura nun tema deste calado, dálle igual recorrer que non?” pregúntase Olalla Barro. “Nós defendemos que o Concello ten que reclamarlle responsabilidades e que respondan co seu patrimonio as persoas responsábeis desta situación”, engade, “entre eles o tenente de alcalde”.

No mesmo sentido, desde o BNG-Asembleas Abertas consideran que as outras administracións que respaldaron “esta barbaridade”, entre elas a Xunta de Galiza, se fagan igualmente responsábeis do resultado. “E sobre todo, reclamamos que se deixen de estragar cartos públicos en fuxir cara adiante sen ningún plan alternativo”, conclúen.

 

 

 

O BNG-Asembleas Abertas lamentou que o concello decidira recorrer a sentenza de Fadesa