O BNG preguntou no pleno polo anuncio do goberno local de converter o antigo sanatorio do Paraxón nun albergue de peregrinos

Sanatorio de Cesuras. Segundo o proxecto da fusión convertiríase nun xeriátrico público.
Sanatorio de Cesuras. Segundo o proxecto da fusión convertiríase nun xeriátrico público.

“Lamentamos que con este anuncio o concello renuncie á residencia pública que nos prometeron coa fusión”

O BNG preguntou no pleno polo anuncio do goberno local de converter o antigo sanatorio do Paraxón nun albergue de peregrinos

Oza dos Ríos, 12 de marzo de 2022.- O BNG preguntou no pleno polo anuncio da proposta do goberno local para converter o antigo sanatorio do Paraxón nun albergue de peregrinos. “Enterámonos disto polas redes sociais, xa que como é costume, desde o goberno local non se nos informa de nada”, explicou Estefanía Busto, voceira do BNG no concello de Oza Cesuras. 

“No documento que o concello distribuíu por redes socias anuncian por unha banda un proceso participativo, no que contarán cos ´principais axentes socias do concello´ para decidir o seu uso”, explicou Busto, “agardamos que se estabelezan unhas bases que permitan a participación de toda a veciñanza, xa que no sabemos quen son eses axentes sociais”, ironizou a concelleira. 

Nese mesmo documento, o concello fai pública a súa proposta, que é converter o antigo sanatorio do Paraxón nun albergue de peregrinos. “Lamentamos que con este anuncio o concello renuncie á residencia pública que nos prometeron coa fusión”, lamentou a portavoz do BNG. “Tampouco entendemos que se escolla esa ubicación para un albergue, xa que non pasa ningún camiño por alí e que desde o concello non contemple ningunha alternativa de uso público, tendo en conta que no concello non dispoñemos de biblioteca pública, por exemplo”, concluíu Busto.  

O BNG preguntou no pleno polo anuncio do goberno local de converter o antigo sanatorio do Paraxón nun albergue de peregrinos