O BNG esixe axilizar a obra de seguridade viaria na AC-840, na ponte da vía do tren en Oza dos Ríos

Estefanía Busto: “Imos pedir no Parlamento de Galiza que se axilice a execución desta obra que xa debía, segundo os anuncios da propia Xunta, estar rematada así como que se faga pública toda a información sobre as causas desta demora”

Desde o BNG anunciaron tamén que preguntarán no Congreso sobre a situación en que se encontra o informe e autorización de ADIF para esta obra

O BNG esixe axilizar a obra de seguridade viaria na AC-840, na ponte da vía do tren en Oza dos Ríos

Oza-Cesuras, 26 de maio de 2025. O BNG anunciou que presentará unha iniciativa para axilizar a obra de seguridade viaria na AC-840, na ponte da vía do tren en Oza dos Ríos. “Imos pedir no Parlamento que se axilice a execución desta obra que xa debía, segundo os anuncios da propia Xunta, estar rematada así como que se faga pública toda a información sobre as causas desta demora”, explicou a concelleira do BNG, Estefanía Busto. “Hai máis dun ano do contrato desta obra pola Xunta de Galiza, xa debía estar rematada, e nin sequera comezou”, engadiu Busto.

As nacionalista anunciaron que presentarán, a través da deputada do BNG Mercedes Queixas, iniciativas no Parlamento de Galiza para esixir información e axilidade “nunha obra que desde o BNG entendemos que é imprescindíbel para garantir a seguridade peonil no centro de Oza dos Ríos, nunha estrada moi transitada”.

“Esta estrada ten varios puntos moi perigosos no noso concello, ademais deste no centro de Oza dos Ríos, como en Trasanquelos onde reclamamos durante anos á Xunta melloras para garantir a seguridade da veciñanza”, lembrou Estefanía Busto.

Iniciativa no Congreso dos Deputados

Ademais desde o BNG anunciaron tamén que preguntarán a través de Néstor Rego, deputado nacionalista no Congreso, sobre a situación en que se encontra o informe e autorización de ADIF para esta obra.

Desde o BNG lembraron que durante anos reclamaron diante do Ministerio melloras na seguridade viaria neste punto, até que finalmente foi a Xunta de Galiza a que contratou esta actuación.

“Non sabemos se hai ou non autorización de ADIF para esta obra, nin se emitiu algún informe nin en que termos, por iso imos esixir que se informe a veciñanza que ten que circular a diario por este punto, en que situación se encontra esta.

O BNG esixe axilizar a obra de seguridade viaria na AC-840, na ponte da vía do tren en Oza dos Ríos