paderne
Paderne
paderne

O BNG celebrou un encontro en Paderne sobre “comunidades enerxéticas”

O BNG defendeu impulsar unha alternativa enerxética de proximidade baseada no autoconsumo colectivo e nas comunidades enerxéticas para que tanto empresas como familias poidan abastecerse de enerxía limpa de quilómetro cero

Desde o BNG de Paderne lembraron que no acordo co PSOE para o pleno de organización se recollía promover unha comunidade enerxética e pediron ao goberno que actúa para cumprir o acordado

Ler novas
Paderne

O BNG, que permanecerá na oposición, e o PSOE asinan un acordo para garantir os acordos do Pleno de organización en Paderne

Os acordos entre o PSOE e o BNG recollen como puntos fundamentais dar prioridade a depuración e saneamento, un dos problemas fundamentais do concello, así como melloras na captación e traída de augas. 

Outro dos puntos fundamentais é mellorar a transparencia e democratizar o concello, a empezar pola información da páxina web ou o acceso aos locais sociais

Ler novas
Paderne

O MITMA confirma ao BNG que está a redactar o proxecto para a mellora da seguranza viaria en Paderne

A frente nacionalista reclamou, a través de iniciativas no Congreso, ao Ministerio de Transporte levar a cabo actuacións no cruzamento da N-651 coa AC-164 no núcleo de Insua e a construción dunha rotonda

Néstor Rego e Manel Pérez demandan incluír máis actuacións que permitan a humanización da vía ao seu paso polos núcleos de poboación do concello de Paderne: “pasos de peóns, sendas ou beirarrúas” enumeran.

Ler novas
Paderne

BNG exixe mellorar a seguranza viaria na N-651 ao seu paso polo concello de Paderne

O candidato do BNG á alcaldía da localidade das Mariñas, Manel Pérez, traslada a necesidade de actuar na infraestrutura e permitir unha humanización da vía e o tránsito seguro das persoas

Néstor Rego demanda ao Goberno do Estado realizar todas as xestións precisas para a redacción dun proxecto que incorpore unha rotonda no cruzamento entre a N-651 e a AC-164

Ler novas