O BNG, que permanecerá na oposición, e o PSOE asinan un acordo para garantir os acordos do Pleno de organización en Paderne

Os acordos entre o PSOE e o BNG recollen como puntos fundamentais dar prioridade a depuración e saneamento, un dos problemas fundamentais do concello, así como melloras na captación e traída de augas. 

Outro dos puntos fundamentais é mellorar a transparencia e democratizar o concello, a empezar pola información da páxina web ou o acceso aos locais sociais

O BNG, que permanecerá na oposición, e o PSOE asinan un acordo para garantir os acordos do Pleno de organización en Paderne

Paderne, 19 de xullo de 2023.- O BNG e o PSOE acadaron un acordo para o Pleno de organización que se celebrará mañá ás 8:30 h da mañá e que esperan supoñan avances fundamentais para o concello de Paderne no presente mandato. “O BNG, que permanecerá na oposición, e o PSOE asinamos este acordo para garantir un goberno de esquerdas en Paderne”, aseguran. 

Elaborar un estudo das necesidades e deficiencias do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas, adaptado aos diferentes tipo de núcleos, así como un cronograma con prazos e proxectos concretos para corrixir estas deficiencias e estudar fórmulas de financiamento para estas actuacións é un dos compromisos fundamentais do acordo que se fixo público hoxe. 

“Comprometémonos á creación da Mesa da Ría de Betanzos, na que estean representados colectivos medio ambientais, confrarías, representantes dos concellos e dos diferentes grupos políticos que integran as corporacións e técnicos de medio ambiente”, explicaron o voceiro do BNG, Manel Pérez e o alcalde de Paderne, Sergio Platas. “Promoveremos a colaboración entre todos os concellos da Ría para dar prioridade ao control de vertidos, que é un problema cada vez máis importante tanto en Paderne como en toda a comarca. 

Outro dos puntos fundamentais asinados polo PSOE e o BNG é mellorar a información e transparencia do concello de Paderne. “Democratizar os órganos de expresión do concello facilitando que se recollan as diferentes opinións, a creación dunha comisión mixta para o estudo e mellora da web municipal e facilitar o uso dos locais sociais a asociacións, clubs deportivos e grupos políticos cun código que recolla as normas de utilización”, son puntos de acordo fundamentais para o avance de Paderne.  

O acordo recolle tamén medidas como promover unha cooperativa enerxética local ou un censo de vivendas baleiras e un banco de vivenda pública a prezo taxado, ou axudas para a rehabilitación e avances en materias de conciliación. 

O BNG, que permanecerá na oposición, e o PSOE asinan un acordo para garantir os acordos do Pleno de organización en Paderne