O BNG denuncia o abandono da biblioteca donada por Antón Crestar
Olalla Barro, voceira do BNG-AA en Miño, denunciou o estado en que o Concello de Miño mantén a biblioteca donada por Antón Crestar Faraldo ao municipio.
Olalla Barro, voceira do BNG-AA en Miño, denunciou o estado en que o Concello de Miño mantén a biblioteca donada por Antón Crestar Faraldo ao municipio.
O BNG de Miño conclúe o ciclo "Miño rebelde" cun acto para divulgar a figura de Antón Crestar Faraldo, grande activista pola dignificación da nosa lingua e da nosa nación. Para isto contamos con Uxío-Breogán Diéguez, profesor da Universidade da Coruña e director da revista Murguía
Desde o BNG-Asembleas abertas seguen insistindo en que "os afectados de Fadesa teñen que cobrar, mais non á custa de recortes contra toda a veciñanza".
Co titulo de `O Miño rebelde: María Vázquez Suárez e Antón Crestar Faraldo´, este ciclo quere ser unha homenaxe a estas persoas representan o mellor do noso concello, un Miño rebelde que se enfrontou á ignorancia e ao medo, un Miño feminista e nacionalista que loitou por facer de Galiza unha terra máis libre e máis xusta"
O BNG-Asembleas abertas de Miño reclamou hoxe o amaño do subministro de auga na urbanización Costa Miño-Golf despois de recibir queixas da veciñanza.
O BNG-Asembleas abertas de Miño está en contra de acollerse ao Fondo de Impulso Económico que acaba de aprobar o pleno. Este fondo que concede o Estado é a cambio de impor recortes en servizos básicos en contra dos intereses da maioría social
O BNG-Asembleas abertas organiza mañá venres 17 no centro social da Rúa ás 19:30 h. unha mesa redonda sobre a situación das praias de Miño. O BNG-Asembleas abertas das Mariñas celebrará o día da Patria cunha romaría no merendeiro da Ponte de Teixeiro, no Concello de Coirós, o vindeiro domingo.
O BNG-Asembleas abertas pediu sentido común e altura de miras aos grupos con representación no Concello de Miño para darlle solución á situación causada hoxe polo alcalde no Pleno de investidura. Non ten sentido ter un alcalde do grupo mixto, sen o apoio de ningunha das outras persoas que forman parte da corporación sen Xunta de Goberno Local sen apenas comisións.
O BNG-Asembleas abertas criticou o anuncio feito polo alcalde Ricardo Sánchez Oroza de contratar unha auditoría a unha empresa externa que permita valorar a situación económica do Concello. A proposta parécenos que supón unha privatización do servizo cando o concello conta con funcionarios preparados para facer dita valoración
O BNG-Asembleas abertas animou a veciñanza a participar na marcha convocada para mañá ás 11:30 na praza do Rabazal para mostrar a súa indignación diante deste roubo da vontade de cambio do noso concello.