O BNG pide apoio veciñal para a marcha de maña en Miño
O BNG-Asembleas abertas animou a veciñanza a participar na marcha convocada para mañá ás 11:30 na praza do Rabazal para mostrar a súa indignación diante deste roubo da vontade de cambio do noso concello.
Miño, 19 de xuño de 2015. O BNG-Asembleas abertas animou a veciñanza a participar na marcha convocada para mañá ás 11:30 na praza do Rabazal para mostrar a súa indignación diante deste roubo da vontade de cambio do noso concello.
Pensamos que o pobo ten que demostrar a súa disconformidade con operacións mafiosas como a que se deu en Miño e pedir respecto á democracia e dignidade, explicou Olalla Barro, voceira do BNG-Asembleas abertas. As nacionalistas fixeron pública a súa intención de participar na marcha e pediron á veciñanza de Miño que participe para esixir democracia e dignidade fronte a operacións escuras e de costas ao pobo como a que protagonizou o actual alcalde e o Partido Popular.
Estamos diante dun teatro de confusión e mentiras, acordos que ninguén sabe en que termos se tomaron e nos que parece evidente que o último son os intereses da veciñanza. Temos que demostrar que o pobo é quen máis ordena e que os gobernantes teñen que respectar a nosa vontade.
Estamos diante dun teatro de confusión e mentiras, acordos que ninguén sabe en que termos se tomaron e nos que parece evidente que o último son os intereses da veciñanza. Temos que demostrar que o pobo é quen máis ordena e que os gobernantes teñen que respectar a nosa vontade, concluíu.