O BNG instou a CxG a respectar a vontade maioritaria da veciñanza de Miño

Olalla Barro é a portavoz do BNG en Miño

O BNG-Asembleas abertas instou a CxG a “respectar a vontade dos veciños e veciñas de Miño que maioritariamente apostaron por un cambio o pasado 24 de xuño”.

O BNG instou a CxG a respectar a vontade maioritaria da veciñanza de Miño

Miño, 13 de xuño de 2015. O BNG-Asembleas abertas instou a CxG a “respectar a vontade dos veciños e veciñas de Miño que maioritariamente apostaron por un cambio o pasado 24 de xuño”.

“A veciñanza de Miño votou por un cambio de políticas e desde o BNG-Asembleas abertas vamos estar ao lado do pobo que está farto das políticas do Partido Popular que gobernou Miño de costas á xente e que demostrou que maioritariamente quere un cambio”, indicou a voceira do BNG-Asembleas abertas Olalla Barro.

“Non é de recibo tomar acordos de costas ao pobo, sen dar participación á xente, e desde o BNG pensamos que CxG debe rectificar a súa postura e permitir un cambio en Miño que é a vontade maioritaria da veciñanza”.

“CxG na súa campaña electoral prometeu ao pobo un cambio e políticas de esquerda e agora están facendo unha fraude mantendo no poder ao PP que levou a Miño á situación terríbel na que se atopa”, egadiu a voceira nacionalista. “Non é de recibo tomar acordos de costas ao pobo, sen dar participación á xente, e desde o BNG pensamos que CxG debe rectificar a súa postura e permitir un cambio en Miño que é a vontade maioritaria da veciñanza”.

As nacionalistas deixaron claro que teñen propostas propias, que non comparten moitas das propostas do PSOE, pero “ficou claro o 24 de xuño que a veciñanza está pedindo un cambio e defraudalos chegando a acordos ás súas costas non nos parece ético”.

O BNG instou a CxG a respectar a vontade maioritaria da veciñanza de Miño