O BNG pediu xenerosidade e antepoñer o ben de Miño aos intereses dos partidos
O BNG-Asembleas abertas pediu sentido común e altura de miras aos grupos con representación no Concello de Miño para darlle solución á situación causada hoxe polo alcalde no Pleno de investidura. Non ten sentido ter un alcalde do grupo mixto, sen o apoio de ningunha das outras persoas que forman parte da corporación sen Xunta de Goberno Local sen apenas comisións.
Miño, 10 de xullo de 2015. O BNG-Asembleas abertas pediu sentido común e altura de miras aos grupos con representación no Concello de Miño para darlle solución á situación causada hoxe polo alcalde no Pleno de investidura. Non ten sentido ter un alcalde do grupo mixto, sen o apoio de ningunha das outras persoas que forman parte da corporación sen Xunta de Goberno Local sen apenas comisións. É unha barbaridade, criticou Olalla Barro.
É unha fraude e unha tomadura de pelo que o alcalde propoña un goberno coa presenza do PP coa escusa da situación de emerxencia en que se encontra Miño, cando foi o propio PP o que provocou esta situación de emerxencia, indicou Barro, Realmente o que parece é que o que está defendendo son os seus propios intereses persoais chegando a propoñer para el mesmo un salario de 40 mil euros, na situación en que se encontra o Concello.
A solución está na man do PP, ten que rectificar e permitir un goberno de cambio en Miño de acordo co que a veciñanza está a pedir e co que decidiu nas eleccións municipais, indicou a portavoz do BNG-Asembleas abertas, Olalla Barro. A actuación do PP é dunha completa irresponsabilidade deixando o goberno en mans dunha persoa que se aferra ao poder en contra do sentir maioritario do pobo. Nós non esperamos nada do Partido Popular pero é o mínimo que pode facer para permitir un cambio democrático no noso Concello.
É unha fraude e unha tomadura de pelo que o alcalde propoña un goberno coa presenza do PP coa escusa da situación de emerxencia en que se encontra Miño, cando foi o propio PP o que provocou esta situación de emerxencia
Os grupos con representación están enrocados na súa postura e o último parece que son os intereses da veciñanza de Miño. Da a impresión de que están poñendo por riba os intereses electorais do seu partido, pedimos xenerosidade para buscar o ben de Miño, explicou Barro.