Celebramos o día da Patria nas Mariñas cunha festa e un mosaico polos 30 anos de Galiza Nova
Será o domingo 22 de xullo a partir das 14 h e o sitio elixido é a area recreativa do barranco da loba en Ponte Aranga.
Será o domingo 22 de xullo a partir das 14 h e o sitio elixido é a area recreativa do barranco da loba en Ponte Aranga.
“Con esta campaña pretendemos afondar na liña que comezamos no nadal de apoio ao pequeno comercio e de proximidade e defender o uso normalizado da nosa lingua con accións en positivo”
O BNG criticou hoxe a caída do gasto dos orzamentos e do Estado nos concellos da comarca das Mariñas así como a falta de crédito para demandas históricas.
Os nacionalistas criticaron o insuficiente orzamento para melloras na seguridade viaria na N-VI en Coirós onde hai escasas dúas semanas o Ministerio prometía un investimento de máis de 600 mil euros no cruce de Queirís, sen que este investimento teña agora reflexo na proposta de orzamento
Non hai partida ningunha reservada para a rexeneración ecolóxica da Ría de Betanzos nin para combater as inundacións no barrio da Ribeira en Betanzos
O BNG manifestou o seu apoio ás convocatorias de mobilización organizadas pola comunidade educativa do Centro de Formación de Estudos Agrarios de Bergondo, que demandan a instalación dunha pasarela sobre a estrada N-VI, que permita o uso sen risco das dúas paradas de autobús que transitan por esa infraestrutura viaria.
Pedimos no Parlamento galego que se asignen 100 mil euros a maiores para contratar persoal e cubrir así as baixas en todos os servizos que quedan sen atender cando hai vacacións, licenzas ou ausencias e que repercuten negativamente no servizo que recibimos. Así como, asignar outros 200 mil euros para garantir o persoal de Pediatría no centro de saúde de Betanzos.
Dende o BNG animaron ademais á veciñanza da comarca a participar na manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade pública ás 12 h. en Santiago en contra dos recortes e en defensa dunha sanidade pública de calidade.
Consideramos moi importante garantir o acceso ás terras agrarias para ás persoas que están dispostas a explotalas, cousa que actualmente non está garantida debido ao monocultivo de eucalipto
O BNG repartirá pegatinas para os agasallos polos comercios de Betanzos e a comarca para apoiar o comercio local e animar ao consumo de produtos galegos. Con esta proposta queren tamén contribuír á normalización do uso de galego tamén nestas datas.
O BNG fixo hoxe públicas hoxe as súas alegacións aos orzamentos da Xunta para os concellos da comarca das Mariñas que se debaterán esta semana no Parlamento galego. “A pesar de que o PP anunciou investimentos millonarios en Betanzos e na comarca, a realidade é que nos orzamentos que presentou o Partido Popular non aparece un só euro de investimento territorializado”.
O BNG celebrará o vindeiro sábado día 26 o seu tradicional homenaxe a Antolín Faraldo, na praza do seu nome na Ribeira a partir das 20:30 h.
O BNG celebrará o día da Patria nas Mariñas cunha festa nacionalista na area recreativa do barranco da loba en Ponte Aranga.