as-marinhas
Novas

Pedimos nas emendas aos orzamentos da Xunta crédito para o saneamento integral da Ría de Betanzos

O BNG fixo hoxe públicas hoxe as súas alegacións aos orzamentos da Xunta para os concellos da comarca das Mariñas que se debaterán esta semana no Parlamento galego. “A pesar de que o PP anunciou investimentos millonarios en Betanzos e na comarca, a realidade é que nos orzamentos que presentou o Partido Popular non aparece un só euro de investimento territorializado”.

Ler novas
Bergondo

Reclamamos “contundencia” e unha investigación a fondo sobre o verquido hidrocarburos á ría

O BNG lamentou o que considera “un día negro para a ría de Betanzos e a reserva da biosfera” a raíz do verquido de hidrocarburos á ría de Betanzos na tarde de onte. A raíz deste verquido, o BNG das Mariñas, por medio dos seus voceiros en Betanzos e Bergondo, Henrique del Río e David Carro respectivamente, denunciou que estaríamos “ante o enésimo episodio de contaminación da ría”. “Trátase dun problema grave, do que ninguén é responsábel. Cremos que estas agresións ambientais non poden quedar impunes”

Ler novas
Novas

O BNG reclama no Parlamento melloras no servizo de pediatría e matrona nas Mariñas

O BNG acaba de rexistrar unha iniciativa no Parlamento galego pedindo melloras no servizo de pediatría e matrona nas Mariñas. “Xa presentamos emendas nos orzamentos da Xunta dos últimos 3 anos e algunha iniciativa en casos concretos coma o de Oza dos Ríos, mais trátase dun problema que lonxe de solucionarse empeora e que afecta a case todos os concellos da comarca

Ler novas