Celebramos o día da Patria nas Mariñas cunha festa e un mosaico polos 30 anos de Galiza Nova
Será o domingo 22 de xullo a partir das 14 h e o sitio elixido é a area recreativa do barranco da loba en Ponte Aranga.
Como vimos facendo os últimos anos este ano celebraremos cunha romería o día da Patria nas Mariñas. Será o domingo 22 de xullo a partir das 14 h e o sitio elixido é a area recreativa do barranco da loba en Ponte Aranga.
Precisamos confirmar cant@s seremos aproximadamente para encargar o xantar, así o antes posíbel confirmade enviando un correo a [email protected]. A data tope para reservar será o vindeiro mércores 18 de xullo. Teremos música e acompañaranos o compañeiro da executiva nacional Rubén Cela.
As compañeiras de Galiza Nova farán un mosaico para celebrar os 30 anos da nosa organización xuvenil. Animádevos a participar!