Novas

O BNG reclama un Estudo de impacto ambiental “conxunto” dos 6 parques eólicos proxectados no Monte do Gato e o PP rexeita a iniciativa nacionalista

Mercedes Queixas cualificou de “trama”  para espoliar o Monte do Gato publicar, “ despois de dous anos”,  seis Declaracións de Impacto Ambiental que mesmo confirman a fragmentacións dos parques e inciden na  falta de rigor e abandono da  protección das persoas e o territorio 

Lamentou que unha vez máis, o Partido popular votara en contra da proposta para seguir favorecendo  ás empresas eléctricas

Ler novas

BNG urxe a mellora dos servizos ferroviarios na comarca das Mariñas

Néstor Rego demanda implantar o servizo de cercanías ferroviarias na liña A Coruña-Ferrol a través de máis frecuencias, horarios adaptados, máis persoal e unha política tarifaria atractiva

Amelia Sánchez, candidata do BNG á alcaldía de Betanzos, demanda acometer a modernización da liña ferroviaria e a construción do by-pass de Betanzos

Ler novas
Monte do Gato

O BNG mostrou a súa satisfacción pola declaración de impacto ambiental desfavorábel ao parque eólico Fontella

“Na súa declaración de impacto a Consellería ven dar a razón ao BNG nas alegacións que presentamos nas que advertimos do altísimo impacto deste macroparque sobre o patrimonio natural e cultural, como deixan constancia os informes desfavorábeis das direccións xerais de patrimonio natural e de patrimonio cultural”

A deputada do BNG, Mercedes Queixas, rexistrou unha iniciativa no Parlamento o pasado mes pedindo que se estude conxuntamente o estudo de todos estes parques eólicos así como doutros ubicados na mesma zona e que comparten as mesmas estruturas de evacuación

Ler novas
Néstor Rego

BNG urxe o Ministerio de Transportes a reparación e mellora da seguranza viaria na N-VI

A sentenza da Audiencia Nacional que condena o Ministerio de Fomento por un accidente na nacional, dependente do Goberno do Estado, reafirma a reivindicación histórica da frente nacionalista  de manter a infraestrutura en condicións óptimas e seguras

Néstor Rego avanza o rexistro de novas iniciativas para que o executivo estatal realice, con carácter urxente, unha actuación integral na estrada ao seu paso pola comarca das Mariñas

Ler novas