O BNG de Oza-Cesuras criticou a irresponsabilidade do goberno ao pretender que o Concello asuma o pago de facturas de forma ilegal

Estefanía Busto: “O alcalde e o grupo municipal do PP abstivéronse na súa propia proposta, polo que pretendeu delegar a súa responsabilidade no pleno”

O BNG de Oza-Cesuras criticou a irresponsabilidade do goberno ao pretender que o Concello asuma o pago de facturas de forma ilegal

Oza dos Ríos, 15 de novembro de 2025. O BNG de Oza-Cesuras votou en contra do pagamento ilegal de dúas facturas correspondentes á comisión de festas de Oza do ano 2024. “O PP levou ao pleno ordinario celebrado esta semana o pagamento de dúas facturas que corresponden cunha liquidación de gastos pendentes ás festas parroquiais de Oza 2024”, explicou Estefanía Busto, concelleira do BNG. “Ambas facturas viñan acompañadas cun informe negativo de intervención, no que se indica que o pagamento de gastos de terceiros constitúe unha infracción ao ordenamento xurídico, isto é, supón unha ilegalidade”, engadiu a voceira do BNG.

“Se o concello quere apoiar a unha comisión de festas hai vías legais para facelo, como unha subvención nominativa, mais en lugar diso optaron por unha solución ilegal, tal e como consta no informe de intervención” indicou Busto. “O alcalde e o grupo municipal do PP abstivéronse na súa propia proposta, o cal demostra claramente que sabían que era completamente ilegal e pretenderon delegar a súa responsabilidade no pleno, e que todas nos fixeramos responsábeis dos seus chanchullos”, apuntou.

“Pola nosa banda, un informe negativo de intervención é un motivo máis que suficiente para xustificar o voto en contra, e non imos asumir esa responsabilidade, o único responsable de chegarmos a esta situación é o alcalde e o grupo de goberno”, apuntou a concelleira nacionalista. “Ademais este tipo de actuacións supoñen un agravio para as demais comisións de festas do concello”, indicou a portavoz do BNG.

“O que é evidente é que o PP ten a maioría absoluta do Pleno e podería sacar adiante esta proposta como calquera outra, mais nin eles mesmos se atreveron a votar a favor porque saben perfectamente que esta forma de proceder é completamente ilegal”, conclíu Busto.

O BNG de Oza-Cesuras criticou a irresponsabilidade do goberno ao pretender que o Concello asuma o pago de facturas de forma ilegal