O BNG urxiu ao Goberno Local a modificar o horario de acendido do alumeado da pista polideportiva de Guísamo
"Esta problemática, que xa tiñamos trasladado no pleno de novembro, é facilmente solucionable polo que urximos ao Goberno Local a arranxalo de inmediato”
Bergondo, 3 de marzo de 2022.- O BNG urxiu ao Goberno Local a modificar o horario de acendido do alumeado da pista polideportiva de Guísamo contigua coa praza pública. "As persoas usuarias desta pista teñen que abandonar a práctica do deporte debido a falta de alumeado”, indicou o portavoz nacionalista David Carro. "O alumeado da polideportiva non funciona e así resulta imposíbel facer uso da mesma", expuxo Carro.
En palabras do portavoz do BNG, "a maioría tratase de menores de idade que teñen que depender de quen poida levalos a outras instalacións, e isto non sempre é posíbel nin é o axeitado tendo unha instalación pública desaproveitada".
"Esta problemática, que xa tiñamos trasladado no pleno de novembro, é facilmente solucionable polo que urximos ao Goberno Local a arranxalo de inmediato para que as persoas usuarias non perdan un día máis e poidan facer xa uso da mesma despois de que leven xa todo o inverno a escuras" concluíu Carro.