O BNG solicita a instalación de mobiliario público na senda de Vixoi

O BNG solicita a instalación de mobiliario público na senda de Vixoi

Bergondo, 12 de decembro de 2023. O BNG de Bergondo solicitou no último pleno a instalación de mobiliario publico ao longo da senda peonil habilitada na CP0801 entre Cortiñán e o local social de Vixoi. "Son moitas as persoas que transitan a diario por esta senda que se presta moi ben para desprazamentos, paseos, ... sobre todo xente de maior idade. A súa considerábel lonxitude fai necesaria a instalación de mobiliario público, nomeadamente bancos, ao longo da mesma para poder facer algunha parada ou socializar entre a veciñanza, completando así o servizo que presta", indicou o portavoz nacionalista David Carro.

 

O BNG solicita a instalación de mobiliario público na senda de Vixoi