O BNG propón a adquisición da Casa do Cortés para equipamento público
David Carro: "Esta adquisición vai na liña que levamos anos defendendo, e que reiteramos nas propostas que presentamos para a elaboración dos orzamentos municipais de 2024, de adquisición de terreos por parte do Concello para equipamentos”
Bergondo, 9 de novembro de 2023.- Ante as últimas informacións sobre a venta da Casa Cortés por un portal inmobiliario, o BNG de Bergondo ven de propoñer a adquisición por parte do Concello desta finca singular "a Casa Cortés conta cun terreo de 10.000m2 e unha edificabilidade de 8.000m2, situada en pleno centro da parroquia de Guísamo, é un lugar ideal para calquera equipamento público dos que aínda carecemos hoxe en día, ademais, o prezo ao que se oferta foi reducido considerablemente nos últimos tempos, co cal presenta unha oportunidade única que agardemos que o Goberno Local non pase por alto", indicou o portavoz nacionalista David Carro.
"Esta adquisición vai na liña que levamos anos defendendo, e que reiteramos nas propostas que presentamos para a elaboración dos orzamentos municipais de 2024, de adquisición de terreos por parte do Concello para equipamentos debido a carencia que presenta de dispoñibilidade destes e a importancia de contar con terreo para calquera equipamento que se queira prestar, como un centro de día, escola infantil, infraestrutura deportiva, espazos públicos como un parque ou unha praza, ...", concluíu Carro.