O BNG alerta do deplorable estado das beirarrúas da AC-162 en Gandarío
David Carro: “presentan unha forte inclinación cara os cantís, diversas aperturas de considerábel tamaño ao longo de todo o traxecto que fan levantar as baldosasco perigo que iso supón para os viandantes ou persoas que poidan practicar deporte neste tramo”.
Bergondo, 2 de novembro de 2023.- O BNG de Bergondo alertou do deplorable estado das beirarrúas da AC-162 en Gandarío. “As beirarrúas da marxe esquerda vindo de Sada e desde o límite con este aproximadamente, son a todas luces inseguras para o transito peonil, e non digamos para as persoas con diversidade funcional que non poden utilizalas xa de ningún xeito", indicou o portavoz nacionalista David Carro.
"Estas presentan unha forte inclinación cara os cantís, diversas aperturas de considerábel tamaño ao longo de todo o traxecto que fan levantar as baldosas, e algunha arqueta literalmente "no aire", co perigo que iso supón para os viandantes ou persoas que poidan practicar deporte neste tramo moi concorrido que conecta unha importante localidade como Gandarío con Sada. Calquera que transite por esta zona pode esvarar facilmente ou tropezar nas baldosas levantadas e caer ladeira abaixo", expuxo Carro.
"Urximos ao Goberno Local a tomar medidas de urxencia para garantir a seguridade das persoas que por aquí poidan pasar, e a maior brevidade levar a cabo as accións precisas que determinen os técnicos para reparar os desperfectos e corrixir esta situación, e de ser competencia doutra administración urxir a esta a tomar medidas correctoras inmediatas dada a complexa situación na que se atopan", concluíu Carro.