O BNG solicita un autobús para o cribado do cancro de mama

David Carro: "Moitas destas mulleres non contan con transporte para poder desprazarse ao hospital, ademais, a súa localización, con poucos espazos para aparcar, é unha dificultade engadida"

O BNG solicita un autobús para o cribado do cancro de mama

Bergondo, 3 de outubro de 2025. O BNG de Bergondo propuxo no pasado pleno que o Concello de Bergondo habilite un transporte para as mulleres que teñen que realizar o cribado de cancro de mama na Coruña. 

"Moitas destas mulleres non contan con transporte para poder desprazarse ao hospital, ademais, a súa localización, con poucos espazos para aparcar, é unha dificultade engadida", indicou o portavoz municipal David Carro.

"Para facilitar o desprazamento para esta proba preventiva de gran importancia, instamos ao Goberno Local a habilitar un transporte, toda vez que as citas adoitan darse por concellos e coinciden alí moitas veciñas”, concluíu Carro.

O BNG solicita un autobús para o cribado do cancro de mama