O BNG propón ampliar aparcamentos na N-VI en Guísamo

David Carro: "A última reforma da estrada N-VI eliminou aparcamentos nesta zona onde se sitúa, entre outros, unha escola infantil” 

O BNG propón ampliar aparcamentos na N-VI en Guísamo

Bergondo, 30 de agosto de 2025. O BNG propuxo no último pleno ampliar aparcamentos na N-VI en Guísamo aproveitando o espazo entre os peches das parcelas e a estrada, no lado dereito en sentido subida, entre as dúas novas rotondas da zona.

"A última reforma da estrada N-VI eliminou aparcamentos nesta zona onde se sitúa, entre outros, unha escola infantil que fai que se necesite espazo para aparcar e deixar ou recoller os nenos e nenas con seguridade", indicou o portavoz do BNG, David Carro. 

"Aproveitando o espazo entre o peche das parcelas e a estrada podería crearse un espazo, hoxe en desuso, que solucionaría, cando menos en parte, esta problemática que non se preveu no seu momento", concluíu Carro.

O BNG propón ampliar aparcamentos na N-VI en Guísamo