O BNG pide un local social na parroquia de Rois
David Carro: "A veciñanza demanda un lugar no que poder reunirse, socializar, acorde coas súas necesidades, e que tamén axude a darlle vida a parroquia”
Bergondo, 24 de novembro de 2022.- O BNG presentou no pleno celebrado esta tarde unha moción para que o concello constrúa un local social municipal na parroquia de Rois, na zona onde xa se sitúan o parque infantil e a pista polideportiva "Rois é a única das nove parroquias do concello que non conta con local social", indicou o portavoz nacionalista David Carro.
"A veciñanza demanda un lugar no que poder reunirse, socializar, acorde coas súas necesidades, e que tamén axude a darlle vida a parroquia. Actualmente, os veciños e veciñas de Rois utilizan o local de Santa Marta de Babío que é o máis cercano", expuxo Carro.
"Rois é a parroquia máis pequena do concello, pero iso non quere dicir que non sexa merecedora dos mesmos recursos que o resto", concluíu o voceiro do BNG.