O BNG solicitou que o Concello retire todos os refugallos ou vertedoiros incontrolados que hai na contorna do encoro de Cecebre

Imaxe do encoro de Cecebre
Imaxe do encoro de Cecebre

“Diante das novas que nos últimos tempos están aparecendo a respecto da proliferación de cascallos na contorna do encoro de Abegondo-Cecebre, así como comportamentos de dubidosa ética dentro dun espazo da rede natura como poden ser os  botellóns ou as áreas de descanso con vistas que vimos recentemente nos medios desde o BNG estamos preocupados e solicitamos que o goberno local se preocupe polos espazos naturais”

O BNG solicitou que o Concello retire todos os refugallos ou vertedoiros incontrolados que hai na contorna do encoro de Cecebre

Abegondo, 16 de abril de 2021. O BNG solicitou que o Concello retire todos os refugallos ou vertedoiros incontrolados que hai na contorna do encoro de Cecebre. “Diante das novas que nos últimos tempos están aparecendo a respecto da proliferación de cascallos na contorna do encoro de Abegondo-Cecebre, así como comportamentos de dubidosa ética dentro dun espazo da rede natura como poden ser os  botellóns ou as áreas de descanso con vistas que vimos recentemente nos medios desde o BNG estamos preocupados e solicitamos que o goberno local se preocupe polos espazos naturais”, explicaron desde o BNG.  

“Non deixan de chegarnos imaxes de refugallos de obras na contorna do encoro en Orto, ou verquidos nalgún regato que remata nas augas do pantano e , como non, constantes novas na prensa que se alonxan da imaxe bucólica que nos vende o goberno local. Consideramos que xa que temos a fortuna de contar na nosa contorna cun espazo da rede natura é a obriga das distintas administracións implicadas controlar o uso que facemos do encoro, tamén son estas administracións as responsábeis de coidar a contorna de Cecebre de sensibilizar no respecto polo medio natural, de lembrar que estamos nun espazo que é de todas e de todos que temos a obriga de coidar e de desfrutar”, engadiron.

O BNG de Abegondo cre que o Concello, diante das últimas novas, debe desenvolver unha política máis eficaz no que respecta ao coidado e mantemento deste espazo da rede natura do que as autoridades municipais tanto se gaban. “Non podemos ter como referente ambiental nas nosas terras un espazo que constantemente está a sofrer algún tipo de agresión, xa sexa de tipo natural , paisaxística, social, química…”, indicaron. Por iso desde o BNG solicitaron os Concellos que comparten este espazo de rede natura concorden unha campaña de sensibilización para reducir, na medida do posíbel, comportamentos incívicos.

“Tamén e importante deseñar actividades que fomenten a convivencia co medio natural e o respecto por estes espazos. Actividades que reforcen o coñecemento dos nosos ecosistemas e como debemos coidalos evitando agresións agresións ambientais e ampliar o diálogo entre institucións para que  se aumente o coidado e a vixilancia nos espazos que pertencen á rede natura reducindo, todo o que sexa posíbel, calquera comportamento que atente contra o noso patrimonio natural”, concluíron. 

O BNG solicitou que o Concello retire todos os refugallos ou vertedoiros incontrolados que hai na contorna do encoro de Cecebre