O BNG pedirá no Parlamento explicacións despois das “mentiras do PP” sobre a liña de bus entre Vila de Cruces e A Coruña

bus
O BNG pedirá no Parlamento explicacións despois das “mentiras do PP” sobre a liña de bus entre Vila de Cruces e A Coruña

Abegondo, 23 de decembro de 2020. O BNG pedirá no Parlamento explicacións despois das “mentiras do PP” sobre a liña de bus entre Vila de Cruces e A Coruña. “A Xunta afirmou onte que se ía manter esta liña cunha viaxe pola mañá e outra pola tarde e cuns transbordos adecuados. A realidade como se pode comprobar facilmente na páxina de mobilidade da Xunta, bus.gal, é que non hai ningunha viaxe directa entre Vila de Cruces e A Coruña e que non dá opción de ningún transbordo porque o tempo de espera é de máis de 90 minutos”, explicaron desde o BNG. “Por iso imos pedir ao PP que nos explique concretamente cales son esas viaxes e en que horarios se poden facer?”, engadiron. 

“Coa supresión desta liña deixase por exemplos localidades como Arzúa sen comunicación directa en autobús coa cidade da Coruña”, explicaron. “Pola información que temos o autobús hoxe de Vila de Cruces a Boimorto non saíu, e ao longo de todos os concellos que recorre esta liña está habendo múltiples queixas de usuarios provocados pola falta de seriedade e as mentiras do PP”, indicaron.

“Pedimos ao PP que busque solucións para permitir a mobilidade entre os diferentes concellos rurais do País e deixe de intentar enganar ás persoas usuarias. É imprescindíbel para non seguir perdendo poboación dotar o rural de servizos e o PP segue traballando exactamente na liña contraria”, criticaron.

O BNG preocupouse pola situación dos traballadores de Garabanxa

“Pola información que temos os traballadores de Garabanxa que viñan cubrindo esta liña non foron subrogados por ningunha empresa, xa que ningunha se fixo cargo deste servizo que non saíu a contrato co novo Plan de transporte da Xunta. Atópanse nunha situación moi preocupante porque non teñen traballo en Garabanxa pero tampouco foron subrogados e temen polos seus postos de traballo”, informaron desde o BNG. “É surrealista, as persoas usuarias sen servizos, os traballadores das empresas preocupados e sen seguridade no seu posto de traballo, as liñas suprimidas e o PP gabándose das marabillas do novo Plan de transporte que é obvio que non soluciona, se non que empeora os problemas de comunicación dos concellos rurais do País”, concluíron. 

O BNG pedirá no Parlamento explicacións despois das “mentiras do PP” sobre a liña de bus entre Vila de Cruces e A Coruña