“DESDE O BNG DEMANDAMOS QUE O GOBERNO LOCAL SE POÑA EN CONTACTO COA CONSELLERÍA DE TRANSPORTES PARA EVITAR QUE ESTA LIÑA DE AUTOBÚS, HISTÓRICA NO CONCELLO POIS LEVA OPERANDO DESDE OS ANOS 60 DO SÉCULO PASADO, NON DESAPAREZA”

Pedimos ao goberno local que evite a desaparición das liñas de autobús que afectarían á veciñanza de Vizoño, Montouto, Figueiroa e Sarandós

29620651528_de13f10f26_b

O BNG de Abegondo considera que as autoridades municipais deben facer todo o posíbel para evitar que o que tradicionalmente se chamou o “Mesía” desapareza de terras abengondesas

Pedimos ao goberno local que evite a desaparición das liñas de autobús que afectarían á veciñanza de Vizoño, Montouto, Figueiroa e Sarandós

Abegondo, 23 de xullo de 2020. O BNG demandou ao goberno local de Abegondo que esixa á Consellería de Transporte que evite a desaparición dunhas liñas de autobús que afectaría á veciñanza de Vizoño, Montouto, Figueiroa e Sarandós.

“Após de termos falado, os membros de BNG de Abegondo, con diferentes veciños das parroquias de Montouto, Figueiroa e Sarandós que ademais son usuarios da liña de transporte público que une Mesía e Vila de Cruces coa cidade da Coruña e que realiza a empresa Garabanxa, infórmannos que a citada liña deixará de existir ao seu paso polo Concello abegondés a partires do mes de setembro. Si se conservarán as liñas que oferta a mencionada empresa ao seu paso polo Concello de Ordes e Carral que tamén unen Mesía e Vila de Cruces coa Coruña. A empresa concesionaria confirmounos esta supresión de servizos”, explicaron desde o BNG de Abegondo

“Desde o BNG demandamos que o goberno local se poña en contacto coa Consellería de Transportes para evitar que esta liña de autobús, histórica no Concello pois leva operando desde os anos 60 do século pasado, non desapareza”, engadiron.

O BNG de Abegondo considera que as autoridades municipais deben facer todo o posíbel para evitar que o que tradicionalmente se chamou o “Mesía” desapareza de terras abengondesas  porque iso significa deixar ás parroquias de Vizoño (unha parte), Figueiroa e Sarandós sen transporte público que os comunique con Carral, Altamira, Albedro, Vilaboa e A Coruña.

“Se no século XXI o que se busca é unha sociedade máis implicada no medio natural, máis sostíbel , onde se reduza a pegada ecolóxica, onde abandonemos o uso dos transportes privados para pular polo transporte público non ten sentido, deixar sen un medio público de transporte a unha parte importante da zona sur do Concello”, indicaron desde o grupo nacionalista.

“Por iso desde o BNG de Abegondo cremos que é moi necesario manter esta liña que esta a piques de desaparecer e que ao longo da súa historia foi sufrindo sucesivos recortes en horarios e frecuencias sen que as autoridades municipais fixesen nada ao respecto”, explicaron desde o BNG. ”Estamos diante dunha liña de transporte que axuda a vertebrar un territorio importante do Concello que parece estar no desleixo por parte das autoridades municipais, lembramos desde o BNG de Abegondo que este Concello perde poboación, ten pendente a aprobación dun novo PXOM, os servizos de saúde cada vez son máis precarios e unha poboación  máis envellecida e dependente. Diante de este panorama non podemos perder máis servizos públicos nin máis liñas de transporte, todo o contrario haberá que artellar unha rede de transporte público que cubra tanto demandas sociais como ambientais”, concluíron.

Pedimos ao goberno local que evite a desaparición das liñas de autobús que afectarían á veciñanza de Vizoño, Montouto, Figueiroa e Sarandós