Pedimos información ao goberno local sobre que pensa facer diante do anuncio de subasta da Torre de Figueroa
Queremos saber que medidas de protección ten previstas o concello para preservar un Ben de Interese Cultural (BIC) como a Torre de Figueroa vinculada históricamente ás terras de Abegondo”
Abegondo, 21 de febreiro de 2020. O BNG pediu información ao goberno local sobre que pensa facer diante do anuncio de subasta da Torre de Figueroa. “Pedimos información para saber se o concello ten algunha información desde que se convocou a poxa”, explicaron desde o BNG. “Queremos saber que medidas de protección ten previstas o concello para preservar un Ben de Interese Cultural (BIC) como a Torre de Figueroa vinculada históricamente ás terras de Abegondo”, engadiron.
“Queremos saber como lle vai afectar a subasta a este Ben de interese cultural de grande interese arquitectónico, cultural a nivel histórico e mesmo ambiental”, indicaron desde o BNG. “Polo que sabemos entre as propiedades que se van subastar inclúese un souto que é un dos poucos que quedan no territorio de Abegondo. Que medidas vai tomar o concello para protexer este espazo natural e paisaxístico?”, cuestionaron desde o BNG.
A Torre de Figueroa é un dos bens patrimoniais máis importantes da nosa comarca, con elementos que foron construídos no século XII.