O BNG exixe á Xunta que garanta que a liña de bus Vila de Cruces – A Coruña seguirá operativa despois de xaneiro de 2021 e que se melloren e aumenten as frecuencias

29620651528_de13f10f26_b
29620651528_de13f10f26_b

Reclaman tamén que se manteñan as frecuencias na liña de Arriva que une Montouto coa Coruña

O BNG exixe á Xunta que garanta que a liña de bus Vila de Cruces – A Coruña seguirá operativa despois de xaneiro de 2021 e que se melloren e aumenten as frecuencias

Abegondo, 28 de setembro de 2020. O BNG referiuse esta mañá ao anuncio feito público pola Xunta de Galiza durante a fin de semana, en relación coa liña de autobús que une Vila de Cruces coa Coruña. “A Xunta tiña intención de deixar sen servizo esta liña xa no mes de setembro deste ano, finalmente a presión social e política fíxoos recuar, e agardarán ao mes de xaneiro de 2021, supostamente até que saian os novos contratos” explicaron.

“Como xa o fixemos cando se debateu o novo Plan de Transporte Público de Galiza,  seguimos exixindo que se garanta un servizo de transporte público digno e acaído ás necesidades do País” explicaron. Neste sentido, desde a organización nacionalista reclaman “transparencia nos datos, que a Xunta garanta que se manterá o servizo despois de xaneiro de 2021 e que se melloren e aumenten as frecuencias coas que conta esta liña de autobús para facela realmente útil á veciñanza” sinalaron.

Ameaza de redución de frecuencias na liña que une Montouto coa Coruña

Referíronse tamén á “ameaza de redución de frecuencias que paira tamén sobre a liña que une Montouto coa cidade da Coruña” dixo. “Exiximos que se aclare xa que intención ten a Xunta de Galiza con esta liña, garantindo o mantemento das frecuencias, porque a pesar do que onte dixo o alcalde tanto desde a compañía concesionaria como os veciños nos confirmaron a redución de frecuencias e que mesmo os condutores dos autobuses os estaban dirixindo para queixarse ao concello”, indicaron. 

Desde o BNG anuncian tamén que trasladaran esta problemática a través dunha iniciativa ao Parlamento galego. 
O BNG exixe á Xunta que garanta que a liña de bus Vila de Cruces – A Coruña seguirá operativa despois de xaneiro de 2021 e que se melloren e aumenten as frecuencias