O BNG pediu información sobre a redución de frecuencias no autobús de Montouto á Coruña pasando por Crendes, Orto e Mabegondo
“A través de múltiples queixas das veciñanzas tivemos coñecemento da redución das frecuencias nesta liña de autobús que une o noso concello coa cidade da Coruña e que ven a empeorar os problemas de transporte público pola supresión de liñas que desde o BNG levamos meses denunciando”
Abegondo, 26 de setembro de 2020. O BNG pediu información ao goberno local sobre a redución de frecuencias na liña de autobús que viña xestionando Arriva e que vai de Montouto á Coruña pasando por Crendes, Orto e Mabegondo.
“A través de múltiples queixas das veciñanzas tivemos coñecemento da redución das frecuencias nesta liña de autobús que une o noso concello coa cidade da Coruña e que ven a empeorar os problemas de transporte público pola supresión de liñas que desde o BNG levamos meses denunciando”, explicaron desde o BNG de Abegondo.
“Por iso onte pedimos información ao goberno local sobre se ten coñecemento desta redución de frecuencias e dos problemas de transporte que crea no noso concello e de ser así, que medidas están tomando para solucionalo”, engadiron.