transparencia
Aranga
unnamed (1)

O BNG critica a xestión escurantista do goberno local

O boletín oficial da provincia da Coruña publicaba onte 6 de xuño a constitución da Comisión Informativa Municipal de Urbanismo do Concello de Aranga. O BNG de Aranga, sen representación na corporación, é a única formación que ten manifestado publicamente a súa oposición aos dous proxectos de modificación do PXOM propostos polo goberno de Alberto Platas.

Ler novas
Aranga
unnamed (1)

Reclamamos paneis de información social nas parroquias

A colocación de paneis favorecerá a difusión da información oficial e social, contribuíndo así á liberdade de expresión. Suxerimos que se coloquen paneis nos centros de saúde da Castellana e Muniferral, así como proximidades dos locais sociais das seis parroquias do municipio.

Ler novas
Oza e Cesuras
Sanatorio de Cesuras. Segundo o proxecto da fusión convertiríase nun xeriátrico público.

Reclamaremos no Pleno un xeriátrico público en Oza e Cesuras

 O BNG reclamará no Pleno un xeriátrico público, despois de que o pasado 27 de maio o goberno local dera comezo ao trámite de audiencia das persoas expropiadas para os accesos ao xeriatrico privado que pretenden construír en terreo rústico en Porzomillos.

Ler novas
Oza e Cesuras

Busto: “O PP pretende impedir que desde a oposición poidamos controlar o que fai no Concello

O BNG-Asembleas Abertas de Oza dos Ríos e Cesuras denunciou que “o PP pretende impedir que desde a oposición poidamos controlar o que fai no Concello”. A voceira das nacionalistas, Estefanía Busto, lamenta que o PP “delega todos os asuntos na xunta de goberno local e impide que asistamos a ela mesmo sen voto e mais pon os plenos e comisións a media mañá para impedir que saibamos que é o que fan cos cartos de todas e todos os veciños.”

Ler novas