Busto: O PP pretende impedir que desde a oposición poidamos controlar o que fai no Concello"
O BNG-Asembleas Abertas de Oza dos Ríos e Cesuras denunciou que o PP pretende impedir que desde a oposición poidamos controlar o que fai no Concello. A voceira das nacionalistas, Estefanía Busto, lamenta que o PP delega todos os asuntos na xunta de goberno local e impide que asistamos a ela mesmo sen voto e mais pon os plenos e comisións a media mañá para impedir que saibamos que é o que fan cos cartos de todas e todos os veciños.
Oza dos Ríos, 13 de xullo de 2015. O BNG-Asembleas Abertas de Oza dos Ríos e Cesuras denunciou que o PP pretende impedir que desde a oposición poidamos controlar o que fai no Concello. A voceira das nacionalistas, Estefanía Busto, lamenta que o PP delega todos os asuntos na xunta de goberno local e impide que asistamos a ela mesmo sen voto e mais pon os plenos e comisións a media mañá para impedir que saibamos que é o que fan cos cartos de todas e todos os veciños.
Delegando todo na xunta de goberno local o pleno queda baleiro de contido, insiste Busto Dopazo, que engade que ademais o PP decidiu celebrar as reunións do pleno e as comisións a media mañá para dificultar a asistencia das veciñas e veciños e mesmo das persoas que formamos parte da corporación". Está visto que o alcalde e o PP cren que o Concello é deles, só deles, e que os demais representantes da veciñanza non temos dereito a asistir nin a coñecer que é o que acontece na Casa do Concello, lamenta Busto.
Neste sentido, recordou que no pasado mandato mesmo se viu obrigada a denunciar ao goberno municipal do PP diante do Valedor do Pobo porque non se convocaban as sesións plenarias ou se deixaban fóra da orde do día as mocións que presentaba o BNG. Queda claro que pensan que o Concello é o seu cortijo e que poden secuestrar a administración municipal impunemente, insistiu.
É unha broma de moi mal gusto que Cacheiro e o PP defendan o soldazo do alcalde falando da súa produtividade cando todos os proxectos e promesas da fusión están aínda por se executar"
Desde O BNG-Asembleas Abertas aseguran que con todas estas medidas do PP resúltanos bastante complicado poder saber que acontece no Concello para informar á veciñanza do que sucede.
A productividade do alcalde é máis cá cuestionábel cando os proxectos da fusión están por verse
O BNG-Asembleas Abertas cuestionou que o PP decida poñerlle un salario de 45 000 euros ao alcalde. Insisten en que é unha contía escandalosa para un concello de 5000 habitantes. É unha broma de moi mal gusto que Cacheiro e o PP defendan o soldazo do alcalde falando da súa produtividade cando todos os proxectos e promesas da fusión están aínda por se executar", asegurou Busto.
Está visto que a fusión só serviu para engordar o salario do alcalde, posto que se duplican delegacións especiais nos diferentes termos municipais, isto é que na práctica seguen a funcionar como dous concellos diferenciados" conclúe a voceira nacionalista.