O BNG presenta unha moción en defensa do sector lácteo
O BNG-Asembleas Abertas de Oza dos Ríos e Cesuras vén de rexistrar unha moción en defensa do séctor lácteo.
Oza dos Ríos, 24 de agosto de 2015. O BNG-Asembleas Abertas de Oza dos Ríos e Cesuras vén de rexistrar unha moción en defensa do séctor lácteo. "A situación do sector é neste momento crítica, non podemos consentir que destrúan o piar da economía rural, do que dependen moitas familias, mesmo a pervivencia de comarcas enteiras está en xogo" informou Estefanía Busto, voceira do BNG-Asembleas Abertas.
"Levamos varios meses de caídas continuadas dos prezos, que obrigan ás explotacións a vender por debaixo do custo, de produción, estanlles pagando o litro de leite a 0,18 , causando importantes perdas económicas aos gandeiros e gandeiras, que teñen que afrontar cos seus aforros os gastos de manter viva unha explotación" informou a portavoz naionalista. Desde o Bloque Nacionalista Galego vimos denunciando desde hai meses que coa liberalización do sector, serán as industrias as que fixen cando e onde se pode producir leite, isto prodúcese porque nin o goberno galego nin o estatal interveñen para garantir un prezo en orixe xusto apuntou Busto.
Dentro das propostas da moción do BNG-Asembleas Abertas está a de garantir a percepción dun prezo de leite en orixe xusto e que cubra os gastos de produción; e urxir do Goberno Galego e Central que no ámbito das súas competencias persigan e sancionen as prácticas de dumping
Dentro das propostas da moción do BNG-Asembleas Abertas está a de garantir a percepción dun prezo de leite en orixe xusto e que cubra os gastos de produción; e urxir do Goberno Galego e Central que no ámbito das súas competencias persigan e sancionen as prácticas de dumping (vender por debaixo do prezo de custe) nas grandes áreas e se utilice o leite como reclamo, mentres causa perdas aos gandeiros e gandeiras informou a concelleira do BNG-Asembleas Abertas.
O concello, co alcalde á cabeza, debe posicionarse publicamente e mostrar o seu compromiso firme coa defensa do sector, asumindo as súas demandas nesta situación crítica. Todas as forzas políticas con representación no concello deberían facelo, o que non é máis que garantir a supervivencia do medio rural, concluíu Busto.