O BNG propón melloras para a seguridade viaria na AC-840
O BNG-Asembleas Abertas de Oza dos Ríos e Cesuras trasladou ao pleno do Concello iniciativas para mellorar a seguridade viaria na AC-840 ao seu paso polo lugar de As Tablas. A estrada AC-840 que percorre o noso concello soporta moito tráfico e frecuentemente se rexistran accidentes.
Oza dos Ríos, 31 de agosto de 2015. O BNG-Asembleas Abertas de Oza dos Ríos e Cesuras trasladou ao pleno do Concello iniciativas para mellorar a seguridade viaria na AC-840 ao seu paso polo lugar de As Tablas. A estrada AC-840 que percorre o noso concello soporta moito tráfico e frecuentemente se rexistran accidentes informou a voceira do BNG, Estefanía Busto. Vimos de recibir queixas por parte dos veciños e veciñas das Tablas, xa que a ausencia medidas de seguridade en moitos tramos fai que resulte perigoso o seu paso a pé.
Desde o BNG trasladamos esta situación ao concello e propomos que se coloquen beirarrúas ou sendas peonís paralelas á estrada, que faciliten o paso a pé aos veciños e veciñas das Tablas, informou Busto.
Desde o BNG trasladamos esta situación ao Concello e propomos que se coloquen beirarrúas ou sendas peonís paralelas á estrada, que faciliten o paso a pé aos veciños e veciñas das Tablas
A mesma estrada AC-840 divide o concello en dous e en todo o seu percorrido polo Castiñeiro só hai un paso de peóns. Esta situación complícase especialmente no cruce coa estrada da estación informou a concelleira nacionalista. É necesaria a colocación dun paso de peóns nesta zona, que facilite o acceso ás veciñas e veciños ao centro de saúde, bancos ou comercios e que regule o tráfico neste cruce, apuntou Busto.
Prazas de estacionamento para persoas con minusvalía
Desde o BNG-Asembleas Abertas tamén levaron a pleno a necesidade de sinalizar prazas de estacionamento reservadas a persoas con minusvalía. En todo o concello non hai nin unha soa praza de estacionamento reservada e sinalizada e cremos que son necesarias, cando menos nos núcleos máis habitados, apuntou a voceira do BNG-AA. É unha mostra máis do desleixo do goberno local, xa que é unha cuestión ben doada de resolver, lamentou Busto.