O BNG-Asembleas abertas de Oza e Cesuras organiza unha charla sobre o "catastrazo"
O BNG Asembleas abertas de Oza e Cesuras organiza o vindeiro domingo unha charla informativa sobre o catastrazo, nestes días están a chegar as cartas comunicando a revisión catastral, esta revisión suporá un importante incremento do IBI gravando novamente a economía das veciñas e veciños
Oza dos Ríos, 22 de abril de 2016. O BNG Asembleas abertas de Oza e Cesuras organiza o vindeiro domingo unha charla informativa sobre o catastrazo, nestes días están a chegar as cartas comunicando a revisión catastral, esta revisión suporá un importante incremento do IBI gravando novamente a economía das veciñas e veciños informou Estefanía Busto, voceira do BNG. A reunión terá lugar no local da Asociación Veciñal de Bandoxa, no lugar de Bando, o domingo ás 17:00 h. e explicaremos ás veciñas e veciños as consecuencias que terá está revisión e ofreceremos un modelo de alegación; convidamos a toda a veciñanza a que asista e se informe das súas posibilidades, engadiu a voceira nacionalista.
As nacionalistas explican que tamén presentaron unha moción no concello na que solicitan que se paralice este proceso, que terá unhas consecuencias gravísimas na economía local, esta medida é continuadora das políticas fiscais do PP, que se caracterizou por realizar subidas xeralizadas nos impostos que pagan as maiorías sociais informa Busto, esta regularización catastral implica o pagamento dunha taxa de 60 por cada alta no Catastro, e ademais implicará un aumento do valor catastral do inmoble revisado e, polo tanto, incrementará tamén a base impoñible do IBI. Iso tamén pode ter repercusión indirecta noutros impostos (IRPF, plusvalía municipal, sucesións) e mesmo incluso en subvencións públicas como as becas escolares dado que teñen módulos patrimoniais referenciados no catastro como límites obxectivos para accederen á ditas axudas informou a concelleira do BNG.
Esta regularización catastral implica o pagamento dunha taxa de 60 por cada alta no Catastro, e ademais implicará un aumento do valor catastral do inmoble revisado e, polo tanto, incrementará tamén a base impoñible do IBI.
Ao longo de 2015 e 2016, a Dirección Xeral do Catastro activou en Galiza dito proceso extraordinario de regularización catastral, afectando aproximadamente ao 60 por 100 dos concellos, en concreto a día de hoxe en 186 dos 314 existentes, entre os que se inclúe o de Oza-Cesuras explicou Busto. A maior parte de ditos concellos son eminentemente rurais, precisamente aqueles que presentan índices de renda per capita máis baixo non se librarán do catastrazo concluíu a concelleira nacionalista.