Busto: O único beneficiado da fusión é o alcalde, que sube o salario ao tope legal
O BNG- Asembleas abertas de Oza dos Ríos e Cesuras anuncia o seu voto en contra no pleno de organización que se celebrará o vindeiro luns 13 de xullo. "O alcalde de Oza-Cesuras esperou até o último día legal para celebrar o pleno de organización, a proposta de retribución bruta para o cargo de alcalde será de 45. 000 euros, que é o máximo que a lei permite
Oza dos Ríos, 10 de xullo de 2015. O BNG- Asembleas abertas de Oza dos Ríos e Cesuras anuncia o seu voto en contra no pleno de organización que se celebrará o vindeiro luns 13 de xullo. "O alcalde de Oza-Cesuras esperou até o último día legal para celebrar o pleno de organización, a proposta de retribución bruta para o cargo de alcalde será de 45. 000 euros, que é o máximo que a lei permite, explicou Estefanía Busto, voceira do BNG-Asembleas abertas, "a isto temos que engadirlle unha media dedicación, cunha retribución de 22.500 euros, que suman un total de 77.500 euros ao ano, unha cifra escandalosa para un concello de 5.000 habitantes e máis no actual contexto de crise" afirmou Busto.
"González Cacheiro xa subira o seu salario nos últimos orzamentos e ten xustificado esa subida pola súa produtividade, mais desde a fusión dos concellos non se percibiu ningún dos tan anunciados beneficios: escola infantil, sanatorio, Ence, Coca-Cola, etc, co que esa produtividade non ten xustificación algunha, afirmou Estefanía Busto, "tampouco o aforro en dietas de políticos se cumpriu".
"A proposta da alcaldía é que se celebren os plenos en venres ás 12:00 horas para impedir que podamos controlar a acción do goberno. Isto dificulta a participación, tanto da veciñanza como das persoas que formamos a corporación"
Horario dos plenos
Do mesmo xeito, o BNG-Asembleas abertas proporá ao pleno que as sesións ordinarias se celebren fóra do horario laboral. "A proposta da alcaldía é que se celebren os plenos en venres ás 12:00 horas. Consideramos que isto dificulta a participación, tanto da veciñanza como das persoas que formamos a corporación" explicou Busto. "No seu discurso de investidura, o alcalde falou de participación, transparencia e do importante que é o labor da oposición, mais iso contradí os feitos", "porque nós si cremos na transparencia e na participación veciñal proporemos que os plenos se celebren a última hora da tarde ou nas mañás dos sábados, facilitando a asistencia", concluíu Busto.