O BNG lamentou que o goberno local impedise o debate da súa moción de urxencia sobre o corte no subministro de auga
“Pensamos que non é de recibo que non se permita a votación dunha moción dun tema tan grave e urxente e que está creando moitísima preocupación e malestar entre a veciñanza. O goberno local ten que explicar porque non tiveron unha previsión adecuada da auga e informar con clareza da situación”
O BNG pedirá información mañá no Pleno sobre os cortes de auga en Paderne
Pérez insistiu no malestar veciñal ante a falta de información clara e pediu que os cortes, de seren necesarios, non sexan de tantas horas de duración para non afectar de maneira considerábel a vida diaria da veciñanza
Demandamos maior información sobre o plan supramunicipal de augas en Aranga
“Pedimos ao goberno local que actúe con previsión e que informe sempre de supostos acordos xa asinados con outro concellos”.
“Non estaría de máis que o goberno local informase a veciñanza da situación actual da subministración e do saneamento”.
Mostramos a nosa preocupación polos cortes de 7 horas diarias no subministro de auga anunciados polo goberno
O BNG mostrou a súa preocupación polo anuncio do goberno local de realizar cortes no subministro de auga a partir do 30 novembro entre as 11 da mañá e as 18 da tarde. “ Parécenos que é unha medida moi dura porque supón que nas horas centrais do día as explotacións, os negocios e mesmo as casas van estar sen auga. Isto vai supor un grave problema para as explotacións e os negocios do noso concello”
Criticamos que o goberno pretenda privatizar o subministro de auga en Cesuras
O BNG criticou a intención do goberno local de privatizar a xestión da auga do antigo concello de Cesuras. “O goberno local xustifica esta privatización na súa incapacidade para xestionar o servizo e nos continuos vertidos que se producen, segundo a súa propia proposta, ‘constantes episodios de contaminación’ ao rio Mendo. O que desde o BNG non entendemos é como deixar a xestión en mans dunha empresa privada vai evitar estes vertidos”
Pedimos un estudo das deficiencias do saneamento en Paderne e datas para solucionalas
O BNG presentou unha moción para o debate no Pleno esixindo ao goberno local que elabore un estudo das necesidades e deficiencias do servizo de saneamento e depuración así como un cronograma con prazos e proxectos concretos para subsanar estas deficiencias.
O BNG esixe o amaño do subministro de auga en Costa Miño Golf
O BNG-Asembleas abertas de Miño reclamou hoxe o amaño do subministro de auga na urbanización Costa Miño-Golf despois de recibir queixas da veciñanza.
O BNG denuncia que o recibo da auga non está chegando á veciñanza desde hai meses
O BNG denunciou que o goberno local de Oza dos Ríos e Cesuras está a ocultarlle información á súa veciñanza. Os nacionalistas denunciaron no pleno que "veciñas e veciños de Cesuras manifestáronnos que non están recibindo os recibos da auga". A voceira do BNG, Estefanía Busto, denunciou ademais que no caso de Cesuras o recibo da auga se viu incrementado tras a fusión, e desde entón non lles están chegando nin cobrando os recibos".