Pedimos un estudo das deficiencias do saneamento en Paderne e datas para solucionalas

ría de Betanzos

O BNG presentou unha moción para o debate no Pleno esixindo ao goberno local que elabore un estudo das necesidades e deficiencias do servizo de saneamento e depuración así como un cronograma con prazos e proxectos concretos para subsanar estas deficiencias.

Pedimos un estudo das deficiencias do saneamento en Paderne e datas para solucionalas

Paderne, 6 de febreiro de 2016. O BNG presentou unha moción para o debate no Pleno esixindo ao goberno local que elabore un estudo das necesidades e deficiencias do servizo de saneamento e depuración así como un cronograma con prazos e proxectos concretos para subsanar estas deficiencias.


“Na Unión Europea a depuración de augas residuais é unha práctica obrigada desde a publicación da Directiva 91/271/CE de 21 de maio, onde se define como principal obxectivo protexer ao medio ambiente dos efectos negativos dos vertidos das augas residuais urbanas e dos sectores industriais. O cumprimento desta Directiva sobre tratamento de augas residuais conleva que, desde o ano 2015, todas as poboacións de máis de 2.000 habitantes deberán contar con sistemas de depuración”, explicou o portavoz do BNG en Paderne, Manel Pérez.

“Os concellos están obrigados a emprestar aos veciños e veciñas os servizos de subministro de auga potábel e sumidoiros e depuración de auga. Sen embargo no noso Concello estes servizos non se están emprestando en moitos casos e mesmo nas parroquias onde se emprestan non nas condicións adecuadas”, criticou o concelleiro nacionalista.

“A situación de falta de saneamento e de depuración das augas residuais do noso Concello está influíndo na situación de contaminación das augas da Ría. Ano tras ano as praias da nosa Ría están sendo pechadas ao baño -O Regueiro en Bergondo, As Delicias en Sada e parte da praia de Gandarío e mesmo Miño este último ano- pola presenza de bacterias fecais nunha proporción moito maior á recomendábel”, engadiu Manel Pérez.

“A calidade das augas afecta tamén ao marisqueo, coa Ría declarada zona C pola calidade das augas e vertidos continuos que empeoran a situación das persoas que se dedican a esta labor, segundo as queixas desde hai anos da Confraría de Miño”, indicou o nacionalista.

Por todo isto o BNG, pediu ao goberno local a elaborar un estudo das necesidades e deficiencias do servizo de saneamento e depuración así como un cronograma con prazos e proxectos concretos para subsanar estas deficiencias. O grupo nacionalista reclamou tamén unha dotación orzamentaria para os proxectos de depuración e saneamento e subministro de auga para rematar a rede en todas as parroquias, contando coa colaboración de outras administracións.

A Xunta négase a dotar orzamentariamente o saneamento e rexeneración da Ría

O BNG lembrou que leva anos pedindo que se incrementen os Orzamentos da Xunta e se reserve unha partida para rematar o saneamento integral da Ría de Betanzos e se leve a cabo unha rexeneración da mesma, máis esta proposta, entendemos que urxente e necesaria nunca contou co apoio do goberno do PP.

Pedimos un estudo das deficiencias do saneamento en Paderne e datas para solucionalas