Demandamos maior información sobre o plan supramunicipal de augas en Aranga
“Pedimos ao goberno local que actúe con previsión e que informe sempre de supostos acordos xa asinados con outro concellos”.
“Non estaría de máis que o goberno local informase a veciñanza da situación actual da subministración e do saneamento”.
“Pedimos ao goberno local que actúe con previsión e que informe sempre de supostos acordos xa asinados con outro concellos”.
“Non estaría de máis que o goberno local informase a veciñanza da situación actual da subministración e do saneamento”.
Aranga, 17 de xaneiro.- No mes de agosto do ano pasado, o BNG de Aranga denunciaba os problemas no abastecemento da auga na zona de Montesalgueiro e A Castellana, e pedía daquela unha maior previsión e información ao goberno local. Agora, tras a recente aprobación en Irixoa dun plan de abastecemento de auga de carácter supramunicipal conxunto con Aranga, os nacionalistas reclaman información sobre as consecuencias que ese plan tería para Aranga.
A petición de información chega tras ser aprobado en Irixoa un plan de abastecemento que inclúe unha nova captación da auga en Aranga, procedente de tres mananciais no lugar de Pereira, na parroquia de Aranga, e que sería compartida con Irixoa. “Que ten que dicir o goberno de Aranga sobre este plan? O mínimo sería informar a veciñanza dun acordo xa aprobado no concello veciño e que afecta a unha das nosas parroquias”, pedía o portavoz do BNG arangués, Carlos Díaz.
O Plan de Augas de Irixoa ten un orzamento de 450.000. No BNG de Aranga pregúntanse cantos deles corresponderá pagar a Aranga e se a captación beneficiará a ambos os concellos. Para Carlos Díaz, non se trataría apenas de falta de información, senón tamén de mala xestión: “por exemplo, na última Conta Xeral, a de 2016, hai unha partida de investimentos en subministración de auga de 15.000€ do que apenas se gastaron 4.000. Para nós, é outro exemplo de mala xestión”, lamentan desde o BNG.
Non estaría de máis que o goberno local informase a veciñanza da situación actual da subministración e do saneamento
O grupo municipal do BNG di non oporse ao plan de Irixoa se este busca garantir o abastecemento de ambos os concellos; por outro, os nacionalistas teñen dúbidas sobre a posibilidade real de que as accións anunciadas polo PP en Irixoa se concreten: “nun tema tan complexo e serio, pedimos ao PP algo máis que propaganda. Un goberno non pode ir á zaga dos problemas”, declarou o portavoz nacionalista.
Os nacionalistas piden que o goberno local "actúe e informe sempre de acordos asinados con outras administracións”, en palabras do seu portavoz, especialmente crítico co que considera “unha mostra máis da xestión de “costas ao pobo” practicada polo goberno de Aranga. Non estaría de máis que o goberno local informase a veciñanza da situación actual da subministración e do saneamento”, conclúe Díaz.