pxom
Bergondo

O BNG anunciou o seu voto en contra no Pleno á modificación urbanística de San Cidre

“Non comparten a necesidade nin a urxencia desta recualificación para levala a cabo como modificación das Normas Subsidiarias mentres se está tramitando o PXOM”

“A solución para San Cidre non é unha urbanización de pisos senón preservar o que aínda queda do núcleo tradicional e evitar cambiar a tipoloxía construtiva por outra con usos mais intensivos allea ao que tradicionalmente o caracterizou”

Ler novas
Abegondo

O BNG presentou as súas alegacións ao PXOM de Abegondo

"Presentamos as alegacións para intentar corrixir un PXOM que pensamos que é completamente irreal, baseado nunhas previsións de incremento da poboación de 836 habitantes para o ano 2037, horizonte de vixencia do Plan Xeral cando o concello de Abegondo leva perdendo poboación de forma continuada as últimas dúas décadas"

Ler novas
Oza e Cesuras
BNG; Oza-Cesuras;
17-novembro-2018

Criticamos o modelo urbanístico do PP que consiste en que cada quen estableza a ordenación que considere para as súas fincas

A nacionalista cualificou de irresponsabilidade esta ocorrencia do goberno local do PP que “en lugar de establecer uns criterios lóxicos sobre as necesidades reais de vivenda, servizos públicos e cara a onde debe medrar. O concello está centrado en vender favores e atender a intereses particulares máis que colectivos para facer clientelismo”

Ler novas
Bergondo
PXOM Bergondo San Cidre

Presentamos alegacións á modificación das normas subsidiarias en San Cidre

Non entendemos a necesidade nin a urxencia que xustifique unha modificación da Normas subsidiarias mentres se está tramitando o novo PXOM.Pensamos que deberá ser aprobado, ou non, có PXOM que ordenará todo o solo do concello.

Os nacionalistas piden un estudo sobre o saneamento e a depuradora de Fiobre que debera cando menos recoller datos sobre a capacidade máxima desta Depuradora, a súa situación actual e os motivos que provocan a mala calidade da auga na zona do Regueiro e as alternativas antes de sobrecargar esta infraestrutura.

 

Ler novas