depuradora
Novas
ría de Betanzos

O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento para demandar de novo orzamento e prazos para o saneamento da Ría de Betanzos

O BNG reclamou no Parlamento a elaboración dun informe sobre a calidade da auga da Ría de Betanzos, a situación do saneamento e os puntos de vertidos, así como dun cronograma das actuacións previstas pola Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda para solucionar estas deficiencias. 

Tamén na súa iniciativa esixe que a construción dunha depuradora nos concellos que actualmente carecen de depuración como é o caso de Paderne asumindo a correspondente partida nos orzamentos de 2021

Ler novas
Bergondo

Persoas afectadas, grupos ecoloxistas e BNG organizan unha performance en defensa de Gandarío

O BNG de Bergondo xunto cos veciños e veciñas afectadas pola EDAR na praia de Gandarío e outras asociacións ecoloxistas como ADEGA ou Verdegaia organiza unha ‘performance’ reivindicativa este domingo na praia de Gandarío. Ademais, nesta actividade colaboran outras organizacións políticas como Anova, a Plataforma en defensa da Ría de Sada e Betanzos e contará coa presenza da actriz Isabel Risco.

Ler novas
Bergondo

O BNG cuestionou que a Xunta comece as obras de Gandarío xustificándose na calidade da auga

O BNG cuestionou o anuncio da Xunta de que este luns comezarán as obras da depuradora de Gandarío. “Parécenos impresentábel que en Pleno verán pretendan comezar a toda présa as obras da depuradora na Praia de Gandarío, que tivo unha gran contestación entre a veciñanza, aproveitando para xustificala os resultados dunhas anilíticas das augas que dan como resultado a contaminación da praia por fecais

Ler novas