O BNG advirte que o proxecto da depuradora mantén o recheo da braña e o desvío do regato de Gandarío
O BNG advertiu que o proxecto da EDAR de Gandarío non contén modificacións de relevo sobre o que xa se sabía. Hai recheo, hai elevación dos edificios e hai desvío do regato de Gandarío.
Bergondo, 13 de xuño de 2014. O BNG advertiu que o proxecto da EDAR de Gandarío non contén modificacións de relevo sobre o que xa se sabía. Hai recheo, hai elevación dos edificios e hai desvío do regato de Gandarío, explicou David Carro, do BNG bergondés.
Así, os nacionalistas denuncian que o propio proxecto recoñece que o terreo blando sobre o que se asentará a depuradora obriga a que as estruturas se executen con alicerces profundos. Neste sentido, o propio proxecto advirte que dado o nivel freático existente resulta imprescindíbel situar os elementos da EDAR o máis elevado posíbel.
A EDAR sitúase a unha cota de rasante de +7,1, mentres o terreno atópase a unha cota media de +4,7 m recoñece o proxecto, que prevé o recheo da parcela e os vasos do reactor e o decantador da EDAR. Ademais, literalmente prevé o desvío de regato con execución de escollera (previamente entubaríase temporalmente durante as obras se fose necesario).
Non é de estranar que o goberno local do PSOE fixese tantas piruetas para evitar que se coñecese o proxecto
Non é de estranar que o goberno local do PSOE fixese tantas piruetas para evitar que se coñecese o proxecto, ironizan desde o BNG. Non se escoitou ningunha das suxestións da veciñanza e mantense un proxecto que está totalmente fóra de lugar, advirten.
É vergoñento que manteñan este esquema e pensen que colocando un xardín arredor queda solventado o impacto ambiental que esta infraestrutura vai ter sobre a ría, indicou Carro. Neste sentido, os nacionalistas demandan ao goberno local do PSOE e á Xunta do PP que dean a cara e expliquen este proxecto ante a veciñanza.