Non se poden condicionar os servizos que a veciñanza precisa á construción de vivenda
O BNG pediu ao goberno local do PP “responsabilidade e prudencia” en relación coa redacción do Plan Especial para o desenvolvemento previsto en San Marcos.
O BNG pediu ao goberno local do PP “responsabilidade e prudencia” en relación coa redacción do Plan Especial para o desenvolvemento previsto en San Marcos.
O BNG anunciou que presentará alegacións á petición de Autos Vázquez S.L. de suprimir paradas e frecuencias. Esta modificación suporía o abandono dos tramos entre Fraíz e Guiliade (Betanzos), o Rilo – Presedo (Abegondo), Trasanquelos (Cesuras), Cos (Abegondo) e O Burgo (Cambre). Propoñen abandonar tamén Guísamo (Bergondo), Piadela (Betanzos), Viladesuso (Betanzos), Camarada – Loureda (Cesuras) e Limiñón (Abegondo)
O BNG pediu ao goberno local unha senda peonil na estrada que rodea o encoro de Abegondo-Cecebre en San Román. Pensamos que é necesario garantir da seguridade viaria das persoas que camiñan diariamente por esta zona
O BNG pide ao goberno local que complete o saneamento no Ceán na parroquia de Orto.O núcleo do Ceán son aproximadamente 15 vivendas situadas no entorno do encoro de Cecebre en plena rede Natura e pese a contar con abastecemento de auga carecen de saneamento.
O BNG dos concellos afectados pola proposta de subestación e trazado da liña de alta tensión, que se establecería en Abegondo e afectaría aos concellos de Abegondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Carral, Cambre, Culleredo, Arteixo e A Coruña, demandaron dos concellos información á veciñanza sobre os trazados propostos polo Ministerio.
BNG presentou hoxe as súas alegacións á taxa por denuncias urbanísticas nas que solicita a súa derrogación.
O BNG trasladou a anulación do PXOM de Abegondo polo TSXG ao Parlamento galego.
O BNG valorou como moi importante o fallo do TSXG anulando o Plan Xeral de Abegondo. Parécenos que pode sentar un precedente en contra de todo un modelo de urbanismo baseado na especulación
O BNG-Asembleas Abertas manifestou a súa oposición á taxa de cen euros por presentar denuncias urbanísticas ante o Concello, aprobada pola Corporación de forma unánime.
O BNG denunciou que o Concello está realizar unha obra dentro da finca do LIGAL para a que non pediu ningún tipo de permiso. A obra parece que é para pasar os tubos de saneamento, mais o Concello non pediu licenza nigunha e mesmo pode supor un risco xa que pola mesma zona pasan as liñas de alta tensión que levan a corriente eléctrica ao LIGAL