Cristina López será a candidata do BNG á alcaldía de Abegondo
“Presentámonos con toda a ilusión de recuperar a representación na corporación municipal e poder así ser útiles á veciñanza de Abegondo propoñendo solucións e ideas para mellorar o noso concello. Temos o compromiso firme de rematar cun goberno do Partido Popular que ten Abegondo paralizado no clientelismo e a propaganda”