Pedimos ao goberno local que complete o saneamento no Ceán na parroquia de Orto
O BNG pide ao goberno local que complete o saneamento no Ceán na parroquia de Orto.O núcleo do Ceán son aproximadamente 15 vivendas situadas no entorno do encoro de Cecebre en plena rede Natura e pese a contar con abastecemento de auga carecen de saneamento.
Abegondo, 12 de decembro de 2016. O BNG pide ao goberno local que complete o saneamento no Ceán na parroquia de Orto. “O EDAR de San Román da servizo a San Román e Seixurra, sen embargo a veciñanza do Ceán non ten posibilidade de conectarse á rede de saneamento”, explicou a portavoz do BNG de Abegondo, Cristina López. “O núcleo do Ceán son aproximadamente 15 vivendas situadas no entorno do encoro de Cecebre en plena rede Natura e pese a contar con abastecemento de auga carecen de saneamento”, engadiu.
Desde o BNG recordaron ao goberno local que o saneamento é un servizo básico que os concellos teñen obriga de prestar a toda a veciñanza e que a rede de saneamento segundo a directiva europea da auga debía estar rematada para todos os concellos no ano 2015, máis no caso do Cean situado nunha zona de grande interese ambiental na Rede Natura e na Reserva da Biosfera.
“O núcleo do Ceán son aproximadamente 15 vivendas situadas no entorno do encoro de Cecebre en plena rede Natura e pese a contar con abastecemento de auga carecen de saneamento”
“O Concello ten a obriga de facilitar o saneamento de augas residuais a toda a veciñanza e polo tanto pedímoslle que nos informe de cando vai implantar este servizo no Ceán e no resto de núcleos do Concello que carecen del”, indicou Cristina López.