Demandamos no Pleno a conservación do patrimonio municipal
Tras unha revisión do inventario comprobamos que moitas construcións, especialmente fontes ou lavadoiros presentan un mal estado de conservación ou difícil acceso por causa da maleza
Tras unha revisión do inventario comprobamos que moitas construcións, especialmente fontes ou lavadoiros presentan un mal estado de conservación ou difícil acceso por causa da maleza
Vemos como gasto en órganos de goberno local segue medrando e ascende xa a 102 856 euros mentres o programa completo de fomento do emprego só conta cun orzamento de 35 554 euros. Máis de un millón de euros dos 4 944 556 do total do orzamento van destinados a privatizar servizos, isto son cartos para a empresa privada no canto de prestar servizos públicos de calidade
O BNG lamentou que a Xunta lle dea o visto bo a un xeriátrico privado mentres renuncia ao xeriátrico público que prometera na fusión. Lamentamos que deste xeito se renuncie a unha das grandes promesas da fusión, que era a rehabilitación do antigo sanatorio do Paraxón e o seu uso como xeriátrico público.
O BNG presentará no vindeiro pleno, que se celebrará este venres día 3 de novembro, unha moción en defensa dos postos de traballo en Universal Support, o call center que tiña o Banco Pastor no polígono de Bergondo. “Entre os 270 traballadores e traballadoras do centro hai unha boa parte que son veciñas do noso concello, ademais de outros concellos da comarca”, explica Busto.
Estefanía Busto: A partida para a mellora do centro de saúde, xa era totalmente insuficiente -58 403 euros-, e aínda así non chegou a investirse un só euro, tratándose dun servizo básico e imprescindible no noso concello, e que actualmente presenta un estado lamentable.
O BNG pediu no Pleno celebrado hoxe que en lugar de privatizar o subministro de auga de Cesuras se estude a posibilidade de remunicipalizar o servizo do antigo concello de Oza.
O BNG criticou a intención do goberno local de privatizar a xestión da auga do antigo concello de Cesuras. “O goberno local xustifica esta privatización na súa incapacidade para xestionar o servizo e nos continuos vertidos que se producen, segundo a súa propia proposta, ‘constantes episodios de contaminación’ ao rio Mendo. O que desde o BNG non entendemos é como deixar a xestión en mans dunha empresa privada vai evitar estes vertidos”
O BNG lamentou a postura do goberno local de Oza en contra de facer o mantemento preciso na area de lecer de Reboredo.
O BNG trasladará ao Pleno unha petición para que o goberno local realice as actuacións necesarias co fin de garantir o correcto mantemento e a calidade da auga do baño na area de descanso de Reboredo.
As nacionalistas explicaron que xa demandaron a recollida selectiva cando o goberno local deu conta dos termos do contrato ao Pleno, “mais o PP negouse a engadilo nos pregos”
“Parécenos moi raro que se rescinda o contrato para volver a adxudicalo a unha empresa vinculada a anterior e preocúpanos moito que a rebaixa do custo supoña unha rebaixa na calidade do servizo, que xa deixaba moito que desexar”