O BNG de Oza-Cesuras votou en contra da conta xeral
Estefanía Busto: A partida para a mellora do centro de saúde, xa era totalmente insuficiente -58 403 euros-, e aínda así non chegou a investirse un só euro, tratándose dun servizo básico e imprescindible no noso concello, e que actualmente presenta un estado lamentable.
Estefanía Busto: A partida para a mellora do centro de saúde, xa era totalmente insuficiente -58 403 euros-, e aínda así non chegou a investirse un só euro, tratándose dun servizo básico e imprescindible no noso concello, e que actualmente presenta un estado lamentable.
Oza dos Ríos, 13 de outubro de 2017. O BNG votou en contra da conta xeral de Oza e Cesuras no pleno extraordinario celebrado esta mañá. As nacionalistas criticaron que se incumpriran todos os prazos que marca a lexislación para a súa aprobación. “Segundo establece a lei, a conta xeral deberá ser sometida a informe da Comisión Especial de Contas antes do día 1 de xuño, mais no nosos concello celebrouse o 29 de agosto”, explicou Estefanía Busto, concelleira do BNG.
As nacionalistas tamén alegaron que o goberno do PP incumpre todas as previsións da Lei Xeral de Subvencións, que establece que as subvencións serán adxudicadas por regra xeral mediante procedementos de concorrencia competitiva. “Segundo a documentación da conta xeral estanse concedendo subvencións e transferencias por orde ou decreto da alcaldía, sen a publicación de ningunha orde de subvencións,” espuxo Busto, “parece que o único criterio é entregara cartos públicos de xeito arbitrario para comprar vontades, con isto estase a premiar e antepoñer unhas entidades a outras, dándolles trato diferente,” informou a voceira nacionalista.
Desde o BNG tamén criticaron que o goberno local deixase sen executar partidas orzamentarias vinculadas a investimento por máis de 800 mil euros, entre elas a partida para a mellora do centro de saúde, “a partida para a mellora do centro de saúde xa era totalmente insuficiente -58 403 euros- e da que non chegou a investirse un só euro, tratándose dun servizo básico e imprescindible no noso concello, e que actualmente presenta un estado lamentable,” concluíu Busto.