A conta xeral da un saldo negativo mentres que o goberno incrementa os gastos superfluos

Estefanía Busto é a portavoz do BNG de Oza-Cesuras

O BNG critica que a conta xeral de Oza e Cesuras dea un saldo negativo mentres o goberno local do PP segue incrementando os gastos superfluos.

A conta xeral da un saldo negativo mentres que o goberno incrementa os gastos superfluos

Oza dos Ríos, 24 de agosto de 2016. O BNG critica que a conta xeral de Oza e Cesuras dea un saldo negativo mentres o goberno local do PP segue incrementando os gastos superfluos.


“Outro ano máis prodúcese un incremento de gasto nos órganos de goberno, en salarios do alcalde e da concelleira liberada a media xornada no orzamento contemplaban 52.080 euros mais en realidade gastaron 59.359 euros”, explicou a concelleira do BNG, Estefanía Busto,  “o mesmo sucede coas atencións protocolarias onde prevían gastar 6 mil euros cando en realidade gastaron 11.881 euros case o dobre, e tamén mais gasto do previsto en dietas e locomoción. En total manter os órganos de goberno costounos 16.600, 15 euros máis do que prevían gastar no orzamento de 2015 que xa eran 99 mil euros”.


“Tamén gastan case o dobre do previsto en publicidade e propaganda de 7 mil euros que aparecían no orzamento o gasto nesta partida disparase até os 11.152,47 euros”, informou Busto.


“Desde o BNG criticaron tamén que se consignaran 4000 euros no orzamento de 2015 para arreglar o centro de saúde, despois das queixas de usuarios e traballadores das que o BNG se fixo eco, e que nin sequera se investiran”, criticou a voceira nacionalista, “só gastaron no centro de saúde 695 euros, cando o edificio precisa unha reparación importante”.


“Parte deste saldo negativo do orzamento débese a unha previsión de ingresos totalmente irreais, o concello ingresou case 1.600.000 euros menos do que prevía ingresar no orzamento en grande parte como consecuencia dunha previsión de transferencias doutras administracións totalmente irreais como foi o caso das transferencias do Estado ou da Deputación pero tamén porque hai taxas que o Concello ten aprobadas polas que non ingresou un só euro como a de uso de instalacións deportivas”, informou Estefanía Busto.
“O incremento de gasto superfluo e no soldo do alcalde mentres  se escatima os servizos básicos como o centro de saúde ou a recollida do lixo e as ‘contas da leiteira’ seguen sendo a liña da política do PP no noso Concello”, concluíu a portavoz do BNG.

A conta xeral da un saldo negativo mentres que o goberno incrementa os gastos superfluos