Lamentamos que o PP desperdiciara a oportunidade de por en funcionamento a recollida selectiva de lixo en Oza e Cesuras
As nacionalistas explicaron que xa demandaron a recollida selectiva cando o goberno local deu conta dos termos do contrato ao Pleno, “mais o PP negouse a engadilo nos pregos”
“Parécenos moi raro que se rescinda o contrato para volver a adxudicalo a unha empresa vinculada a anterior e preocúpanos moito que a rebaixa do custo supoña unha rebaixa na calidade do servizo, que xa deixaba moito que desexar”

Oza dos Ríos, 12 de maio de 2017. O BNG lamentou que o PP deixara pasar a oportunidade de sacar a contratación de novo a recollida do lixo para por en funcionamento un sistema de recollida selectiva. “Este era o momento para por en funcionamento un sistema de recollida selectiva que reducira o número de residuos que mandamos a queimar a SOGAMA o que ademais de supor un beneficio para o medio redundaría tamén nun menor custo do servizo”, explicou a portavoz do BNG Estefanía Busto.
As nacionalistas explicaron que xa demandaron a recollida selectiva cando o goberno local deu conta dos termos do contrato ao Pleno, “mais o PP negouse a engadilo nos pregos”. “Parécenos imprescindíbel un cambio de modelo de tratamento do lixo cara a un máis sustentábel, mais para iso é necesario empezar por un recollida selectiva e campañas de concienciación”, indicou a portavoz nacionalista. “SOGAMA cobra aos concellos en función da cantidade de lixo que enviamos, así que reducir o número de residuos mediante a recollida selectiva e a compostaxe contribuiría ademais a aforar cartos dos nosos impostos ao concello”, engadiu.
A portavoz nacionalista mostrouse preocupada polas condicións de resolución do concurso. “O concello rescindiu o contrato con Celtaprix por petición da empresa xa que por 185 697 non lle resultaba rendíbel prestar o servizo nas condicións requiridas e agora resulta que adxudícanllo por 30 mil euros menos a unha empresa vinculada a CeltaPrix”, criticou a portavoz nacionalista. “Parécenos moi raro que se rescinda o contrato para volver a adxudicalo a unha empresa vinculada a anterior e preocúpanos moito que a rebaixa do custo supoña unha rebaixa na calidade do servizo, que xa deixaba moito que desexar”, concluíu Busto.