Bergondo
Néstor Rego

O BNG pediu no Congreso que se corrixa á maior brevidade os erros na sinalización da N-VI en Cortiñán e Raxás

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso dos Deputados, rexistrou unha pregunta para a súa resposta escrita á mesa do Congreso, trasladando as queixas e demandas da veciñanza destes núcleos do concello de Bergondo.

O deputado nacionalista Néstor Rego presentou tamén unha PNL para pedir información sobre as alegacións veciñais rexistradas para mellorar a obra da rotonda de Queirís en Coirós.

Ler novas
BNG Bergondo;
12-outubro-2018;

Propuxemos que o concello coordine un servizo de xantares na casa coa colaboración da hostalería local

Preténdese dar un servizo a veciñanza, que recibiría no domicilio o seu xantar elaborado diariamente, pero sobre todo a xente maior que vive soa, con certo grao de dependencia, ou que non se manexe coa cociña, para que poidan comer san e variado cada día e ademais, garánteselle ao hostaleiro a venta dun número fixo de menús diarios cos que ter uns ingresos mínimos

Ler novas